A Fundación Cela amplía ata setembro a exposición ??O Pazo dos dicires escritos??.

Publicado por Redacción en

Aberta no mes de maio, ofrece un percorrido polo universo do libro e a súa evolución

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela, que ten a súa sede en na localidade padronesa de Iria e a xestiona a Consellería de Cultura, amplía ata setembro a exposición O Pazo dos dicires escritos, unha mostra na que se da conta da historia do libro. Asemade, a Fundación alonga o seu horario de verán ata as 20,00 horas nos meses de xullo e agosto, co fin de incentivar as visitas tanto á colección permanente coma a mostra temporal.

Aberta ao público desde maio, O Pazo dos dicires escritos ofrece un interesante percorrido polo universo do libro e a súa evolución ao longo da historia a través das múltiples xoias bibliográficas que se conservan no legado do premio Nobel padronés e que amosan a enorme paixón que sentía Cela pola palabra escrita.

Faro de Vigo


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.