Concello, club e veciños homenaxearán o sábado a Camila Morison e a Raquel Dacosta.

Publicado por Redacción en

Haberá un paseo motorizado pola localidade e unha recepción no Náutico pola mañá. Pola tarde os veciños de Carreiras faránlle unha chocolatada á súa estrela.

Camila Aldana Morison e Raquel Dacosta chegaban onte de madrugada exhaustas de Rumanía logo de catro duros días de competición no Campionato de Europa Xuvenil e Sub-23, e dunha longa viaxe complicada polos custes de avión de Madrid a Galicia e a falta de apoio económico desde a Real Federación Española de Piragüismo. Claro que as dúas kaiakistas do Náutico Pontecesures voltaban cun sorriso de orella a orella, logo de revalidar o seu podio do 2014 no K-2 1.000 Xuvenil, mellorando o bronce de Francia cun subcampionato continental.

A súa nova xesta valerálles a Camila e a Raquel unha máis que merecida homenaxe do pobo de Pontecesures. O club e o goberno local estánse a coordinar para recibir por todo o alto as dúas padexeiras este sábado, ás 11 da mañá nas instalacións do Náutico Pontecesures.

O presidente do club, Ángel Barreiro, aclarou onte que desde o Concello ofreceron a casa consistorial cesureña para albergar ao acto, pero que na entidade deportiva entendían que o ideal era facer a homenaxe no propio náutico aproveitando o bo tempo previsto, coa administración local axudando na loxística. Antes pasearáse as dúas deportistas en caravana motorizada por toda a localidade.

Xa pola tarde, a partir das sete, os veciños de Carreiras, a aldea de Camila, faránlle a súa propia homenaxe a Morison cunha chocolatada no parque do lugar.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.