NOVA SINALIZACI?N DO CAMI?O DE SANTIAGO EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures ven de instalar unha nova sinalización a carón do Camiño Portugués, polo que transitan milleiros de peregrinos que atravesan o noso pobo.

Baixo o lema ??Mesma distancia, máis servizos? os peregrinos que fagan o tramo do camiño portugués encontrarán indicacións ou desvíos alternativos que discorren polo casco urbano do pobo a fin de que poidan dispoñer, tal e como indican os paneis, de servizos como restaurantes, farmacia, comercio ou lugares de interés.

O Camiño Portugués atravesa Pontecesures de sur a norte ó longo de 3,8 Km e dende o concello tíñase constancia de que moitos dos peregrinos ignoraban que contaban con servizos adicionais. A colocación destos paneis informativos fai que con un recorrido semellante, os milleiros de peregrinos poidan disfrutar da riqueza etnográfica, paisaxística e dispor de servizos básicos sin que supoña incrementar a distancia que teñan que cubrir andando.

Paralelamente está previsto mellorar a sinalización  indicativa da proximidade do albergue de Pontecesures, colocando paneis informativos coa distancia á que se encontra e posibilidade de descarga de mapas do pobo con código QR.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.