• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sin Categoria / Doce establecementos van participar este ano na ruta de tapas Saborea Padrón.

Doce establecementos van participar este ano na ruta de tapas Saborea Padrón.

11-10-2020 por Redacción Dejar un comentario

Doce establecementos hostaleiros sumanse este ano a ruta de tapas Saborea Padrón, unha nova edición que o Concello xa ten a punto e que comezará na fin de semana do 23 ao 25 de outubro e finalizará a fin de semana do 30 de outubro ao 1 de novembro. Os locais participantes presentan unha proposta gastronómica composta por trece tapas elaboradas a base de produtos máis da terra, a un prezo de 2 euros, coas que os hostaleiros de Padrón buscan sorprender aos seus clientes. “Esta é unha gran oportunidade para mostrar o gran nivel da gastronomía padronesa, e agardamos que esta ruta sexa un motivo para atraer visitantes. Estamos seguros de que todos e todas os que veñan a coñecernos, quererán volver no futuro porque en Padrón temos moito que ofrecer”, sinalou a concelleira de Turismo, Lorena Couso.

Os locais participantes son O Piorno, Panadería San José, O secreto, O secreto do viño, Chef Rivera, Ruta Xacobea, Café Cultural Airiños, Restaurante O Santiaguiño, Retro Visor, Cafetería Bámbola, Alpendre e Café Século XX.

E n canto as propostas gastronómicas son: O segredo do cocho, secreto ibérico a baixa temperatura con pemento asado e redución do seu xugo con salsa de soia; Miudiños de outono, doce de biscoito elaborado con castañas, noces e cacao; Osiños do Samaín, rosquillas en forma de oso; Algo máis que calamares, montadiño de calamares, lacón con grelos e queixo, mini burguer de lacón con grelos e queixo;‘Cocido ben peregrino, roupa vella sobre puré de fabas, grelos salteados, tella de pataca e aceite de chourizo; Peregrinator, lasaña de outono, ruliño de castaña, filloa rechea de espinacas, lacón e queixo de Arzúa con compota de mazá; Traslatio Toast, tosta con cebola caramelizada, rulo de cabra, tomate, marmelada e abanico Ibérico; Sabores do Camiño, bacallau frito na cuncha da vieira con pataca, crocante e cebola caramelizada, pemento en po e aroma de perexil; Vieiriña, follado recheo de crema con vieira, ourizos e algas; Obradoiro, carrillera de porco criado con castañas no seu xugo con patacas estofadas, e Atípico, solombo de porco con froitos vermellos.

Todas as persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa entrarán nun sorteo de varios vales para consumir ben no establecemento gañador ou nalgún dos outros locais.

Ademáis este ano, coincidindo coa celebración de Saborea Padrón e co obxectivo de que os máis pequenos da casa desfruten da celebración de Samaín, o Concello colaborou coa Panadería San José para organizar o I Concurso de deseño de cabazas da vila. Esta deseñado para que participen nenos e nenas de 3 a 14 anos, que terán que presentar unha composición cun elemento relacionado coa vila de Padrón.

El Correo Gallego

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Concello, concurso, correo gallego, el correo gallego, fin de semana, obradoiro, padrón, Santiaguiño, sorteo

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • O alcalde de Pontecesures moi preocupado polos contaxios da COVID-19.
  • Dtos de infectados pola COVID na zona.
  • El cribado de Cesures, con 8 positivos, ahonda la imagen de la negra situación en el Baixo Ulla
  • Diez contagios COVID en el CPI Pontecesures.
  • Preocupación en Ulla-Umia por el COVID.

Comentarios recientes

  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

sábado protección civil concurso tripartito sabariz xunta Vigo correo gallego faro de vigo pp Caldas Historia curso Maneiro a ponte BNG fútbol río ulla Concello ACP santiago Angueira pleno Diario de Arousa Pontecesures lamprea plaza Vilagarcía psoe la voz de galicia padrón fin de semana tren n-550 Ulla sar fiesta iglesia valga Catoira Pontevedra festa obras Porto Campaña

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños