O grupo ODL pon en marcha a iniciativa Mergúllate na lectura.

Publicado por Redacción en

El Grupo ODL, que ten sede en Valga, pon en marcha Mergúllate na lectura, unha iniciativa a través da que a compañía agasalla aos clientes cun exemplar do poemario Luz de Abrente, de Cándido Duro Domínguez. “Gústamos indagar en todos os ámbitos culturais e literarios da nosa terra e pareceunos moi interesante este poemario do noso amigo e veciño, xa que é un libro que trata sobre o noso legado histórico”, explican desde a compañía.

A través da iniciativa ODL busca agasallar aos clientes cun exemplar gratuíto deste libro co fin de que os veciños coñezan “mellor a nosa historia, as nosas tradicións, os nosos antepasados”, din.

Para obter o poemario, os interesados teñen que chamar ou enviar un whatsapp ó número 642 80 75 57 para facer a reserva e logo ir a recollelo polas instalacións da empresa en horario de luns a venres de 07.00 a 15.00 ou en Adolfo Piñeiro (Artes Gráficas) en Pontecesures antes do 31 de marzo do 2021.

Indicar que o grupo ODL posee unha fábrica de aluminio soldado en Carballiño 33-Xanza (Valga). Entre os seus produtos destacados atópanse portais, cancillas, rexas, balcóns, traballos especiais, automatismos, escenarios, grandes estruturas, portas para edificios, carrocerías, automatización, bolardos, portas rápidas e batientes, entre outros, explican fontes próximas.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.