O mellor belén familiar de Valga volveu estar este ano no lugar do Sixto.

Publicado por Redacción en

Francisco  Barreiro volveo conquistar o primeiro premio do concurso que organiza o Concello

O XXII Concurso de Beléns repartiu este ano 325 euros entre os tres mellores nacementos da vila. O primeiro posto recaeu, por segundo ano consecutivo, en Francisco Barreiro e as súas netas, veciños do Sixto (Xanza). O xardín da súa casa, completamente decorado con motivos de Nadal, acolle un nacemento de arredor de setenta pezas de barro e cortiza ao que incorporaron, nesta ocasión, grandes figuras dos Reis Magos e dos seus camelos.

Os segundos clasificados foron Fernando Gómez e a súa avoa Celia Rincón, de Pontevalga, que presentaron un belén con máis de 150 pezas dispostas nunha superficie duns catro metros. Todas están feitas a man por Celia: as figuras con arxila e arame, e as construcións con diferentes materiais coma cunchas, pequenas pedras, area pintada e tellas tamén feitas e cocidas por ela.

A terceira posición foi para a asociación Asdivalu, que concorreu ao concurso cun belén con figuras de barro. As principais foron feitas no obradoiro de barro do CODI dispostas sobre a silueta dunha árbore de Nadal de madeira. Os gañadores recibiron 150, 100 e 75 euros.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.