O TSXG acorda a suspensión cautelar do parque eólico de Castro Valente.

Publicado por Redacción en

O proxecto xa contaba coa autorización da Xunta ▶ O BNG da Estrada considera esta nova «esperanzadora» e agarda o mesmo resultado para o de Xesteiras.

Aeroxeradores dun parque eólico da provincia. G. GARCÍA/ADP

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de acordar a suspensión cautelar do proxecto do parque eólico de Castro Valente, na Estrada, que xa contaba coa autorización da Xunta de Galicia. Así o anunciou este martes a sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG coa emisión dun auto.

Dende o BNG de A Estrada valoraron esta decisión como «unha boa nova» e o voceiro nacionalista da Estrada, Xoán Reices, considéraa «esperanzadora para outros parques eólicos en trámite no noso concello».

O edil nacionalista, así mesmo, considera que a suspensión cautelar de Castro Valente pode ser «unha boa nova para todos os veciños e veciñas que están loitando contra o parque eólico de Xesteiros«, un proxecto da empresa Norvento para os montes de Vea. «Hai que lembrar que Xesteiros e Castro Valente comparten a liña de evacuación, se un parque cae, cabe pensar que isto tamén pode repercutir na execución co segundo, mais imos ser prudentes e agardar acontecementos», augurou Reices.

Por outra parte, o BNG insta ao alcalde da Estrada a remitir a copia do recurso que presentou o Concello contra a autorización administrativa previa do parque eólico de Xesteiros. «Solicitámola hai un mes», explica Reices, «supoñemos que o alcalde non ten nada que agochar, pero esta demora non é comprensible», critica.

Diario de Pontevedra

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.