Premendo no seguinte enlace pódese descargar o boletín:
Sin Categoria
Convocatoria da escola de nais/pais do CPI de Pontecesures.
Programa de Educación para a Saúde e Prevención das Drogodependencias e Trastornos Adictivos. Este programa ten como obxectivo a promoción da saúde a prevención do consumo de tabaco, alcohol, outras drogas e a prevención do desenrolo de outros trastornos adictivos na pubertade-adolescencia; está organizado polo Concello e o C.P.I. de PONTECESURES.
Un dos novos problemas a que se teñen que enfrentar os nosos fillos/as e, o mesmo tempo, que nos temos que enfrentar como pais/nais é o uso das denominas Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TICs): móviles, internet, redes sociais, chats, Twenti, facebook, etc.
Os datos dos que dispoñemos mostran claramente que un importante grupo de nenos/adolescentes pasan máis horas das recomendadas diante de esas TICs, e na maior parte dos casos, os seus pais non o saben ou ben descoñecen as posibles consecuencias negativas que poden acarrearlle ese tipo de comportamentios os seus fillos; sendo a razón principal esgrimida por parte de moitos pais o descoñecemento, xa que son hábitos de consumo moi recientes. Así xurden problemas como poden ser o acceso a contidos nocivos ou ilegales por parte dos menores e a todo isto hai que añadirlle a telefonía da 3ª xeración, que supón una maior independencia e menor control por parte dos pais á hora de controlar a utilización que os seus fillos fan das mesmas, chegando a falarse xa en moitos casos de CIBERDEPENDENCIA.
Para falar deste tema, e sobre todo en que medida os pais/nais poden contribuir a que este programa de prevención sexa eficaz, convócase ás nais e pais a unha xuntanza:
M?RCORES 21 DE NOVEMBRO DE 2012 ÁS 19.30 HORAS NO CPI DE PONTECESURES.
Sin Categoria
Sinatura do convenio de colaboración para o servizo integral de apoio á familia.
No día de hoxe o Concello de Pontecesures asinou un convenio de colaboración para a posta en marcha deste servizo.
O Concello de Pontecesures asina este convenio de colaboración coa Asociación ??Medrando á par?? co obxecto de ofrecer apoio ás familias de Pontecesures na educación de pais a fillos.
A sinatura deste convenio é un paso máis no noso compromiso coas familias da vila, con nenos en idade escolar.
Dalgún xeito, con este convenio tratamos de sobrepoñernos aos recortes presupuestarios que se levaron por diante o programa ??Preescolar na Casa?, e que tanto éxito acadou nesta vila.
Constatado este feito, dende o Concello de Pontecesures, que era necesario poder ofertar de novo este servizo de grupos de apoio as familias, e atopamos na Asociación ??medrando a par? a mellor opción.
Agardamos o maior dos éxitos a esta iniciativa e que sexa do agrado das familias do noso concello.
Os destinatarios deste servizo serán as familias con nenos/as de 0 a 6 anos.
O servizo levaráse a cabo no Centro Xuvenil (Rúa Borobó ??ao lado da biblioteca municipal-) os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas. O primeiro día, que será de presentación do programa ás nais e pais, será precisamente hoxe 20 de novembro.
Sin Categoria
Servizo integral educativo de apoio á familia en Pontecesures.
Grupos de apoio familiar
Paticipa co teu neno/as en actividades educativas que estimulen o seu desenvolvemento e goza do teu tempo libre compartido cos cativos.
Destinatarios
Familias con nenos/as con idades comprendidas entre 0 e 6 anos.
1ª actividade o martes 20 de novembro ás 17.00 horas no Club Xuvenil (ao lado da Biblioteca Municipal).
Máis información:
Na web: http://medrandoapar.blogspot.com.es
No mail: medrandoapar@gmail.com
No facebook: medrando á par
No teléfono: 657 325 727
Sin Categoria
Educación secundaria para persoas adultas, curso 2012/2013 en Pontecesures.
EDUCACI?N SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
CURSO 2012/2013:
- Clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial ??ESA
- Preparación para as probas libres de Abril e Setembro
Infórmase que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para persoas Adultas ??ESA- ao que poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, curso 2012/2013, e tamén as clases de preparación para as probas libres de abril e setembro (que permiten obter a ESA nun único exame).
As clases realízanse en horario nocturno.
Para máis información poden dirixirse á AULA de Educación de Persoas Adultas no CPI INFESTA ( R/Avelino Pousa Antelo s/n), luns a xoves de 19 a 21 horas, ou no Servizo Social Comunitario do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas.