HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR

Partido sábado as 16.30 h. en Cuntis.  Xogamos en casa do 2º clasificado, ó que lle levamos 4 victorias, pero as baixas van condicionar a nosa alineación. Así, á baixa de Felipe por traballo, unense a de Pino (ausente por motivos familiares) e a de Nacho (lesionado), polo que o xogo interior do equipo vaise resentir. O extrugsa en caso de perder deberíamos intentar conservar o average (que esta en 13 puntos, diferencia pola que derrotamos a Cuntis en Cesures). De todolos xeitos, sexa cal sexa o resultado non vai empañar a boa temporada que está facendo o equipo, e polo menos servirá para que os rapaces que menos xogan habitualmente, mañá poidan dispor de mais minutos ante un bo equipo.

ALEVINS

– As nenas alevíns xogan en Pontevedra as 11.30 h. contra o 2º clasificado, o Estudiantes, nun partido que de gañar, acercaría ás rapazas ó titulo de campionas do grupo.

– Mentras, os nenos alevíns xogan en Pontecesures as 17 h. de mañá sábado, contra o Liceo A, a quen queren derrotar logo de que na 1ª volta perdesen por 3 puntos en Vilagarcia nun final de partido polémico polas decisións arbitrais.

O resto de categorias non empezan a xogar partidos de copa arousana hasta a vindeira fin de semana (polo menos), logo do sorteo efectuado onte á tardiña na delegación arousana de baloncesto.

Mª Luz Rodríguez Potel, contratada temporalmente como limpadora ata o 30 de xuño de 2008.

Xúntanse copia das dúas actas do tribunal, xa que a primeira selección quedou deserta.

En Pontecesures, sendo as 11 h. do 18 de abril de 2008, e reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de limpadora, formado pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordoñez Martinez, que actuará como Presidenta, D. Ricardo Campos Saborido que actuará como vogal, e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Foron convocadas polo Inem á entrevista, logo da oferta enviada á Oficina de Emprego de Vilagarcia, efectuada por este concello o pasado 09 de abril, Dna. Felicidad Bea Romay; Dna. Carmen Magán Castiñeiras, Dna. Delfina Pardal Pardal; Dna. Albina Salvete Tuñez; e Dna. Mª Isabel Touceda Tarrio.

Non se presentaron á entrevista Dna. Felicidad Bea Romay; e Dna. Carmen Magán Castiñeiras.

Presentáronse ó chamamento as outras aspirantes: Dna. Delfina Pardal Pardal; Dna. Albina Salvete Tuñez; e Dna. Mª Isabel Touceda Tarrio.

Dna. Delfina Pardal Pardal; e Dna. Mª Isabel Touceda Tarrio renunciaron ó posto.

Vista a entrevista efectuada á aspirante Dna. Albina Salvete Tuñez, este tribunal entende que á vista das declaracións da interesada e do seu perfil, esta non é a persona mais idónea para desempeñar ditas funcións, polo que propoñemos que o Inem envie mais candidatos/as para efectuar unha nova selección.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

En Pontecesures, sendo as 11 h. do 23 de abril de 2008, e reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de limpadora, formado pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordóñez Martínez, que actuará como Presidenta, D. Ricardo Campos Saborido que actuará como vogal, e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Foron convocadas polo Inem a esta 2ª entrevista, logo da oferta enviada á Oficina de Emprego de Vilagarcía, efectuada por este concello o pasado 9 de abril, Dna. Felicidad Bea Romay; Dna. Mª Carmen Mosquera Ferreiro; Dna. Mª Carmen Perez Bandín, Dna. Mª Luz Rodríguez Potel, e Dna. Beatriz Saborido Dios.

Non se presentou á entrevista Dna. Felicidad Bea Romay.

Presentáronse ó chamamento as outras aspirantes: Dna. Mª Carmen Mosquera Ferreiro; Dna. Mª Carmen Perez Bandín; Dna. Mª Luz Rodríguez Potel; e Dna. Beatriz Saborido Dios.

Dna. Mª Carmen Mosquera Ferreiro, e Dna. Mª Carmen Perez Bandín renunciaron ó posto.

Otorgar a puntuación a cada aspirante, segundo o baremo elaborado previamente ca finalidade de ter criterios obxectivos e comúns, establecendo unha lista que figura a continuación:

– Dna. Beatriz Saborido Dios……………………………. …….. 1,75 puntos.
– Dna. Mª Luz Rodríguez Potel………………………………… 1,25 puntos.

De todo o cal, este tribunal propón para a súa contratación a Dna. Beatriz Saborido Dios, e coma suplente a Mª Luz Rodriguez Potel. Cando lle foi comunicada a Dna Beatriz Saborido Dios dita proposta de contratación, esta manifestou a súa renuncia ó posto, polo que este tribunal propón que se contrate a Dna. Mª Luz Rodríguez Potel.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

O día 12 de maio, elección da Xunta Directiva da ANPA.

ANPA CPI PONTECESURES

Mediante a presente, convócase a Asemblea Extraordinaria de pais/nais que terá lugar o venres día 12 de maio de 2008, ás 20,30 horas, na biblioteca do centro, coa seguinte ORDE DO DÍA:

1-Acta anterior.

2-Elección dos membros da nova Xunta Directiva.

Candidatas:
Dª Yolanda Vieites Dos Santos.
Dª Manuela Barreiro Castro.
Dª María Isabel Rey García.
Dª Rita María Lafuente Lestón.
Dª Luz Angueira Eiras.

Pontecesures, 24 de abril de 2008

O presidente
Luis Ángel Sabariz Rolán

Tramítase a licenza para un hotel de tres estrelas en Pontecesures.

No taboleiro de anuncios da Casa do Concello está exposto un edito que di o seguinte:

Solicitándose por FASULA, S.L. Y OLMARVEN S.L., licenza de apertura dun Hotel de tres estrelas na rúa Victor García nº 1, sométese a información pública o expediente por prazo de dez días hábiles, co fin de que durante o mesmo poida examinarse na secretaría do concello, polas persoas interesadas e presentar por escrito reclamacións ou observacións se o estiman oportuno.

Vertidos de alquitrán en A Ponte

Vecinos de A Ponte (Padrón) hallaron vertidos de alquitrán en el paseo fluvial a orillas del Ulla. Según pudo saber este diario, las primeras manchas en el agua ya fueron vistas el pasado fin de semana por los pescadores.

Lejos de remitir, cada vez aumentaron más, si bien funcionarios de Medio Ambiente ya «tomaron muestras del agua», comenta una vecina. Pese a no encontrarse peces muertos, sí se puede ver algún pájaro completamente negro. Pero los vertidos, además de producir malos olores en la zona del paseo fluvial a orillas del Ulla, también afectaron a más animales.

«Estaba el domingo paseando a mis perros y siempre se bañan en el río. Los dos salieron negros. A uno de ellos le tuve que rapar el pelo y al otro, que es un cachorro, le hice un lavado de estómago, por si acaso», comenta uno vecino afectado. «Llamé a los municipales, pero lo único que hicieron fue avisar a Medio Ambiente de lo sucedido», relata.

Los vecinos están a la espera de que se solucione el vertido, cuyo origen se desconoce .

cp35f03064381_134631.jpg
Uno de los vertidos que se hallaron en el paseo fluvial de A Ponte

El Correo Gallego 24/04/2008

Os nenos/as de 2 a 3 anos da Escola Infantil visitaron a biblioteca de Pontecesures.

No Día do Libro, os alumnos da gardería municipal visitaron as instalacións da biblioteca situada na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó», nº 22, para coñecer como é unha biblioteca por dentro. Os cativos viñeron acompañados de dúas monitoras, miraron os libros infantís e logo sentaron cada un co seu libro. Escoitaron despues unha narración dun conto e para rematar fixéronse todos socios/as da biblioteca e foron agasallados con libros axeitados a súa idade.