Adxudicada a obra de saneamento en Carreiras.

Na Xunta de Goberno que tivo lugar o día 22 de decembro, foi adxudicada a obra de ??Saneamento en Carreiras?, que ten un importe de 10.647,91 ? dos que a Deputación de Pontevedra, con cargo ao Programa de Obras de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos 2008, achega 7.985,93 ?.

Nesta obra vaise substituir una vella canalización de augas fecais no interior do lugar de Carreiras que está a crear poblemas con atascos frecuentes. En concreto vanse colocar 57 metros lineais de tubaría de 250 m/m con cinco acometidas novas a vivendas. Tamén serán recollidas a augas pluviais.

As obras comezarán no mes de xaneiro de 2009.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Relacións Institucionais

Contestación íntegra de Luis Sabariz ao BNG de Pontecesures.

Ante a nota desta formación sobre o rexeitamento da inclusión de actuacións no Fondo Estatal de Inversión Local, con ataques contra a miña persoa, quero contestar o seguinte:

1. Como xa expliquei no pleno do día 22 de decembro o art. 3.1 a) do R. D. Lei 9/2008, impide realizar con este fondo obras que non son competencia municipal. Deste xeito queda descartado o comedor escolar (competencia da Consellería de Educación) e o paso elevado pola N-550 (competencia do Ministerio de Fomento).
2. Tamén queda descartado o centro do día, pois o orzamento elaborado cando tiñamos alcalde nacionalista ascende a máis de 700.000 ?, cando o importe total do fondo é de 555.000 ?. Resulta incomprensible facer unha proposta para incluir tres obras cando a axuda non chega nin para unha delas.
3. Reitero que sería unha temeridade incluir actuacións en contra da normativa. Aínda que fose posible, sería un disparate asumir en solitario obras doutras administracións. Xa hai conversar coa Consellería de Educación para cofinanciar un comedor escolar e o Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar está a realizar varios centros de día en concellos, aportando máis do 70% do custo das obras.
4. En canto o paso elevado xa espliquei no pleno que despois destas festas de Nadal a Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra construirá unha beirarrúa duns 60 metros paralela ó talud da nacional e logo pintará un paso de peóns, reforzado cun semáforo de precaución e dunhas bandas na calzada, para que os veciños de San Xulián poidan cruzar a N-550 (rúa José Novo Núñez) á altura do edificio onde está situado un supermercado de alimentación.

O que resulta inexplicable, son as acusacións persoais de que impido a realización dun paso elevado porque son titular dunha vivenda na zona. En primeiro lugar teño que decir que o paso ideado nun principio non afecta a miña casa (sí a unha propiedade da rúa do Pilar e a outra da rúa José Novo Núñez). Pero opino como se me afectara, pois por razóns de intimidade, de estética, e económicos, estou totalmente en contra da construcción de pasos elevados que prexudican ás propiedades de ninguén. Non é de recibo ter que soportar denhe unha vivenda un paso de veciños preto das ventás, ou ver como se deprecia a propiedade con esta carga. Incluso o impacto visual sería moi negativo para a histórica Capela do Pilar, e para o tramo do Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Dende logo, leccións de defensa dos intereses públicos por parte do BNG de Pontecesures e, sobre todo, do seu voceiro e anterior alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, non recibín ningunha. Todavía estamos á espera de que nos explique que intereses públicos tratou unas numerosas comidas con acompañantes sen identificar abonadas con fondos públicos, ou cos máis de 1.200 SMS ó mesmo número en seis meses dende o teléfono da alcaldía, ou cando ascendeu a dedo de peón a oficial do concello, sen procedemento algún, ao responsable local do BNG de Pontecesures, ou cando autorizou os empadroamento fraudulento de veciños de Taragoña (onde reside) no piso dun familiar con clara intención electoralista. Hai moitos exemplos máis xa comentados noutras ocasións. E aínda quedan outros que se irán sabendo.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Información sobre os autobuses de Chanteclair.

Os sábados saen autobuses de Santiago (ás 20;45 horas saen de Área Central e paran logo no Pilar e no Milladoiro), A Estrada (ás 20:30 horas, e paran logo en Cuntis e San Clemente), Ribeira (saen ás 20:30 horas, e paran logo en A Pobra e Boiro) e Negreira (saen ás 20:30 horas e paran logo en Bertamiráns e nos Anxos-Brión). Os autobuses destas catro liñas saen de volta de Chanteclair ás 3:00 da madrugada.
Os domingos, estes autobuses saen todos ás 17:30 horas e regresan da sala ás 23:30 horas. A maiores o domingo hai unha quinta liña que sae de Rianxo, parando en varios lugares deste municipio.
Despois de Reis vanse incorporar novas liñas dende Pontevedra, Vilagarcía e Cambados.
O día de fin de ano, non haberá autobuses.

El tripartito rechaza las obras propuestas por el BNG para el Plan Estatal de Inversión.

El equipo de gobierno de Pontecesures rechazó en el Pleno las obras que el BNG había propuesto para gastar los 555.000 euros del Fondo Estatal de Inversión Local, al considerar que las iniciativas nacionalistas eran ??pouco meditadas?, ya que algunas no encajaban con la filosofía de este programa estatal.

La moción del Bloque aludía a la ejecución, con esos 555.000 euros, de un comedor en el colegio un Centro de Día y un paso elevado peatonal sobre la N-550 para comunicar el Camiño de San Xulián con la Rúa do Pilar. Aún reconociendo que ??todos os investimentos son bos para esta vila?, el tripartito rechazó esta propuesta. Alegó que, ??por razóns legais?, no pueden incluirse en este programa obras que no sean de competencia municipal, recordando que es la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia la que tiene competencias sobre los comedores escolares, y que el paso elevado sobre la N-550 es de la Demarcación de Carreteras: ??os terreos son da administración do estado e a ela compete a seguridade vial?, indican los concejales no adscritos, Luis Sabariz y Alfonso Diz, que apuntan que ??dá a sensación de que o BNG nin analizou a normativa?.
Sobre el paso elevado recuerdan, además, que para mejorar la seguridad vial en ese tramo de la N-550, la Unidad de Carreteras del Estado en Pontevedra construirá después de Reyes una acera paralela al talud de la carretera para pintar un paso de peatones en las proximidades de las escaleras que bajan desde la calle Novo Núñez. Además se instalará un semáforo de precaución y unas bandas sonoras, lo que Sabariz y Diz califican como ??unha boa solución para garantir a seguridade dos veciños?. Apuntan que este compromiso de Carreteras ??foi obtivo polos concelleiros non adscritos, que realizamos moitas xestións para a solución deste problema?.

En cuanto al comedor indican que, ??independentemente das razóns legais, sería un disparate construílo? con fondos propios, cuando en todos los colegios de Galicia este tipo de instalaciones son financiadas, total o parcialmente, por la Consellería de Educación. El Concello se muestra dispuesto a colaborar económicamente en la construcción de esta instalación, que ??é moi importante para a comunidade educativa?, y para ello ??xa se está en conversas coa administración autonómica?, apuntan.

Postura similar es la que mantienen sobre el Centro de Día. Aunque es de competencia municipal, ??o investimento necesario ascende a máis de 700.000 euros?, y la cantidad asignada por el Fondo Estatal de Inversión es de poco más de 555.000 euros, por lo que ??é imposible a súa inclusión? en este programa ya que el decreto ley aprobado por el Gobierno central ??impide a realización de obras parciais ou cofinanciadas?. También en este caso dicen que sería ??un disparate afrontar a construcción do Centro de Día en solitario?, ya que la Vicepresidencia, a través del Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, ??constrúe estes centros noutros municipios cun financiamento de máis do setenta por cento?.

DIARIO DE AROUSA, 24/12/08

Torneo de nadal Concello de Pontecesures.

No campo de fútbol Ramón Diéguez, haberá o venres 26 de decembro encontros de fútbol deste torneo co seguinte harario:

Categoría benxamín «A»: PONTECESURES C.F.-PONTEVEDRA C.F., ás 11:00 horas.
Categorías benxamín «B» e prebenxamín: PONTECESURES C.F-CORDEIRO C.F., a partir das 16:30 horas.

Organiza o Pontecesures C.F e colabora o Concello de Pontecesures.

Boas noticias para a comarca do Sar.

A nova tróuxonola a prensa. Era algo que se esperaba con ansiedade e polo que se veu loitando con sobrados argumentos que ó fin veñen ser recoñecidos polo Goberno autonómico ó facerse cargo a Xunta do ferrocarril de proximidades Pontevedra-Santiago, sendo garante da permanencia das estacións de Catoira, Cesures, Padrón e Escravitude.

Non imos falar de novo da grande importancia que para esas comarcas supón. En toda a bisbarra do Sar está a ser moi celebrado e pódese augurar o incremento que sen dúbida vai a experimentar o uso do ferrocarril no futuro, dadas as grandes vantaxes que este medio de transporte ofrece en seguridade. Asemade, causou satisfacción a información de que tamén Medio Ambiente acometerá a rexeneración dos nosos ríos, entre eles o Sar, dotando ao mesmo tempo as súas ribeiras dun paseo fluvial semellante ao xa existente no tramo sur, dende Padrón á desembocadura do río.

Por outra parte, o outono padronés veu acompañado dun amplo programa cultural que abrangueu, ademais dos actos organizados polo propio Concello e centro social, a presentación ao público nada menos que de dous libros dos que xa se deu noticia pero que cabe lembrar de novo, tanto o de Xosé Carlos Beiró Piñeiro, sobre a historia do convento dos Carmelitas Descalzos en Padrón, como o de Miguel Piñeiro Moure, en torno á pesca, ás famosas pesqueiras e todo un mundo en torno a tan singular peixe de río do que como dixo o Chef Rivera: «Hai persoas que percorren máis dun cento de quilómetros para saborear tan suculento manxar e outras que non dan dous pasos por ela». Ou sexa, que non hai termos medios, «gusta ou non gusta, e punto.

Artigo de José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 23/12/08