O SABADO DÍA 8 POLA TARDE TOD@S Ó PABELLÓN!!!
O sábado día 8 de abril pola tarde o baloncesto cesureño reencontrarase co seu pasado:
HOMENAXE ÓS FUNDADORES E COLABORADORES (OS PROFESORES D. JOSÉ RAMÓN, D. MANOLO AMENEDO, A MONITORA FERNANDA E PEDRO O PREPARADOR FISICO DA PONTE).
(PRONTO POÑEREMOS A NOTICIA COMPLETA, ESTADE ATENTOS)
PEDIMOS DENDE AQUI QUE TODAS AQUELAS PERSOAS QUE TIVERON ALGO QUE VER CON ESTE DEPORTE (ANTIGUOS XOGADORES/AS, AFECCIONADOS, ETC.) SE SUMEN A ESTA HOMENAXE.
Os da foto son o 1º equipo federado do Club Baloncesto Cesures, na temporada 1985-86:
De pe de esquerda a dereita están: Chavi (delegado), Fernanda (entrenadora), D. José Ramón (Delegado), Miguel Miguéns “metralleto”, José Prieto, Javi Bustelo “Bus”, D. Manolo Amenedo (delegado), Javier Garcia “Fuxan”, Luis “Navelo”, Fran Melon.
En cuclillas (mesma orden): Pedro (Prep. Físico), Roberto Lojo “Chochis”, Luis Miguel, Jorge Martinez “carroseiro”, Miguel Kochinke “alemán” e Angel Barreiro “Yeti”.
Coma se pode observar, esa 1ª temporada o polideportivo estaba cuberto só polo tellado e lateral de chapa, faltando as paredes e vestiarios, gradas, etc. Os rapaces e arbitros se cambiaban nos aseos da escola. Foi no vran de 1986 cando se rematou o pabellón.
28 Respuestas a “O SABADO DÍA 8 POLA TARDE TOD@S Ó PABELLÓN!!!”
Eu creo que esta moi ben eso do homenaxe e estaria ben k se fixera un apartado na paxina do equipo de basket do de agora e dos que houbo para recordar asi mesmo tamen se poderia facer do equipo de futbol e tamen do colexio para atopar aqueles ex-compañeiros que tiñas no patio do colexio.
Esta ben eso de recordalos vellos tempos k eran novos
Coño, fru, que susto me deches… Cheguei aquí e lin arriba de todo
“O SABADO DÍA 8 POLA TARDE TOD@S Ó BOTELLÓN!!!”
Dixen eu… Sí señor, este fru organizando festas como Dios manda… Despois mirei mellor, e xa vin que non era botellón, senón pabellón…
Bueno, non é o mismo, ta claro, pero conta que pasarei por alí. E se fai falta algo, avisa, que tentarei botarche unha man.
Suerte!!
tamén te asustas por calquera cousa!!!... Coma se o do botellón non souperas o que é...pillín.
Xa que te ofreceches tes que subir as mesas desmontables e xa postos, adxudicado o de grabar toda a terde ca cámara de video…ou pensaches que non te ia aceptar o ofrecemento, a próxima non falas tanto; e tranqui que o que traballa despois comerá e beberá... ;))
Espero estar nesa homenaxe. Fun árbitro de baloncesto moitos anos. Dirixin ós equipos do CB. Cesures varios partidos nos anos 80 e a principios dos 90, algúns deles cando estiveron no “exilio” de Padrón por razóns políticas.
Lembro que en 1991 arbitrei no pavillón de Pontecesures dous importantes partidos la liga galega de xuvenís. O primeiro perdérono co Peleteiro de Santiago por un punto co recinto ateigado de público e o ex-alcalde Piñeiro Ares na tribuna rodeado de moitos dos seus acompañantes de sempre. O segundo gañárono contra un equipo do Salesianos de Vigo (actueu acompañado do colexiado Cardalda tamén de Vigo que fora árbitro da máxima categoria do baloncesto nacional cunha traxectoria polémica sempre) tamén co pavillón a tope.
Para min unha figura indiscutible naqueles encontros dentro do equipo cesureño foi o base Fernando Figueiras. A súa forma de penetrar con forza na zona visitante con entradas arriscando ante defensores moito máis altos sorprendía ós equipos rivais. Anotou moitos puntos e provocou moitas faltas provocando o delirio na afección local.
En breve poñerei as fotos do sábado. Por certo adiantar que a homenaxe ós fundadores foi un éxito, un reencontro de antiguos xogadores e os 4 fundadores arropados pola xente nas gradas.
Ahhh! E eu non son o das gafas que Sae nesta foto, NINGÚN DOS 2. Eu a primeira temporada non xogara no equipo.
saudos
Por ahí arriba piden unhas fotos do sábado… pois bueno, en primicia mundial, ahí van unhas cuantas:
http://www.flickr.com/photos/91891449@N00/sets/72057594104018150/
Si entendín ben cómo funciona flickr (é a primeira vez que poño algo en flickr), ahí debe haber 9 ou 10 fotos do sábado.
Si vedes que esto interesa, mañán poño unha nota na portada.
Veña, hasta outra!!
Xa que estamos, un conselliño: ao pinchar nese enlace vaivos levar a unha páxina.
Vale. Pois unha vez alí, si clicacades en “view as slideshow”, védelo máis chachiguai.
Ou, directamente, pinchade aqui:
http://www.flickr.com/photos/91891449@N00/sets/72057594104018150/show/
Esas fotos fíxoas Isabel, e o caso é que sólo fixo 12 de tamaño 15.000×12.000 (máis ou menos, ejem)... e aínda por riba, bastante desenfocadas… tuven que recortalas e todo eso.
Supoño que aparecerán máis fotos, e mellores ca esas. Pero vaia, como a xente por ahi arriba pedía fotos e eu tiña unhas poucas, pois púxenas ahí pa que as virades.
En canto teña un ratiño, póñome co de pasar o vídeo a .avi ou similar, xa avisarei.
Hasta outra!
CArmen, envioche unha foto do presi por mail.
Sabariz, moitas gracias polos cumplidos, igualmente agradecer persoalmente e publicamente a tua colaboración arbitrando o partido, logo de que nos fallase Samuel Farpón.
Para “as tuas fans” (non sei de quen son fans):
explicade eso de que vos canso, que pode dar lugar a equivocos e eu teño unha reputación :))
O de tomar algo normalmente non hai problema, sempre e cando sepa con quen debo de quedar…
E para Marta: Espero poñer a foto que queres. Atenta
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.



