O EXTRUGASA PERDE CO MOTOBAZAR POLA MALA DEFENSA DO 1º CUARTO

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 52 Gulli (5), Peñaño (10), Pino (6), Pedro (3), Santi (10), Arturo (4), Felipe (5), Pepi (9), Juanjo (-) . 

MOTOBAZAR VILAGARCIA = 57 Partido que o Extrugasa perdeu pola mala saida no 1º cuarto. A defensa en zona 3-2 inicial, posta para proteger ó equipo das faltas, logo de ter 4 xogadores lesionados (Pedrito, Diego, Victor e Nacho) foi unha coladeira e permitiu canastas fáciles cerca do aro, ou segundas opcións. Mediado o 1º cuarto, o marador reflexaba un 5 â?? 15, e cambiase a unha zona 2 â?? 3 pechada, e para algo a anotación do Motobazar, pero son minutos que Extrugasa non ve aro: tan só anota 2 puntos Pino. No minuto final do cuarto Motobazar pega un novo tirón con 5 puntos e deixa o marcador nun desalentador 7 â?? 22. 

Sae o Extrugasa cunha defensa individual que lle da mais intensidade, e pouco a pouco empeza a acortar distancias. Motobazar pechado nunha zona 2 â?? 3 que neste inicio de cuarto rompe ben Pino dende poste alto asistindo a Santi. E os vilagarcians que teñen probleas para anotar. No minuto 15 o marcador está nun 16 â?? 26. Cachote e Gulli anotan cadansua tripla case seguidas e as diferencias que se cortan a un 24 â?? 27 quedando menos de 2 minutos para o descanso. Pero unhas perdas de balón, unidas ó acerto de Motobazar, con tripla final antes do descanso deixa o marcador en 24 â?? 34 para os vilagarciáns.  O 3º cuarto foi un calco do 2º: Peñaño e Pepi mais acertados en ataque, e o Extrugasa que  volta a intentar a remontada: min 25. 30 â?? 37. Os cesureños que a base de defensa logran un parcial de 6 â?? 0 e se achegan a 1 punto. Incluso teñen balón para poñerse diante, balón que Gulli lle pasa a Pino no poste baixo, e este non é capaz de aproveitar, todo elo á falta de 2 minutos para o final do cuarto. E de novo Motobazar que quega un tirón e remata o cuarto 6 arriba: 38 â?? 44. 

E xa no derradeiro cuarto, Motobazar que se mantén diante no marcador (42 â?? 47), pero 2 triplas de Peñaño achegan de novo ó Extrugasa (48 â?? 49). Inda que foi un espellismo, o equipo sen acerto no tiro exterior(5 de 32 triplas en todoo partido), e sen un home de referencia na zona dos vilagarciáns veu coma se foi a victoria para o Motobazar.  Agora o equipo está na zona de abaixo da taboa. Ultimo é Cambados con 0 victorias e 3 derrotas. Logo con 1 victoria e 2 derrotas estamos 4 equipos: Vilanova, Estudiantes, Meco e nos. Sorprende o Meco, un equipo que estivo os 2 anteriores disputando a liga ata o final. E agora toca visitar a cancha do lider Portonovo, equipo ascendido cando nos e reforzado este ano con xente de Marín e Pontevedra, e logo ven a cesures o Meco, para acabar indo a Marín contra o Laxe. Así que o calendario se nos presenta moi complicado neste mes de Novembro. Por eso este partido tiña unha importancia tremenda.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.