A Deputación aceptou, por unanimidade, a delegación do Concello de Pontecesures sobre a inspección do ICIO.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Edicto.
ANUNCIO PUBLICADO NO DÍA DE HOXE NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 12 de setembro de 2008, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que, en materia de recursos locais, realizou o Concello de Pontecesures, por acordo do Pleno do 26 de maio de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL exerza as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).

O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 10 de outubro de 2008.
Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.