BALONCESTO: ONTE XOVES 3 EQUIPOS DO CB. RIO ULLA DISFRUTARON DA VILAGARCIA BASKETCUP

Publicado por fru en

Os integrantes do Extrugasa Rio Ulla na Basketcup

Onte xoves os 3 equipos inscritos na Vilagarcia Basket Cup 2009 acudiron a Vilagarcia: Os nenos e nenas do noso alevin mixto, os nenos do equipo infantil e as nenas infantís viviron unha xornada intensa de 12 horas, dende que chegaron ás 10.30 h. ó recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcia, ata que o abandonaron pasadas as 22 h.

Este torneo internacional, que vai pola XIII edición, disputase cada ano na semana Santa, de xoves a domingo. Son 4 días onde 8 das mellores seleccións nacionais sub-20 do mundo (Nova Zelanda, Angola, Francia, Italia, Chequia, Rusia, Alemania,  e España) compiten para ver quen gaña este torneo, considerado dos 3 mellores do mundo da categoría sub 20.

Ademais, a organización, organiza dende hai uns anos un torneo paralelo para que os rapaces alevíns e infantis xoguen ó basket e poidan convivir con estas seleccións. Así, pola mañá e a 1ª hora da tarde os nosos rapaces xogaron uns partidiños contra outros equipos de Galicia.

  

O recinto feiral esta dividido nunha zona donde se xogaba o torneo de base, onde ademais de 5 pistas para xogar a basket, había outras zonas con xogos tradicionais, consolas, hinchables…

  

Vistas da zona onde se xoga o torneo de base da VBC.

 

Nenops e adestradores tiveron ocasion de demostrar a sua pericia en xogos «clásicos».

Logo de comer poidemos asistir ós 3 particos de seleccións:

Un Rusia – Angola, con Rusia palizando ós africanos.

Italia РFrancia: ga̱ando os franceses na prorroga forzada polos italianos logo dunha tripla no ultimo segundo.

E por ultimo a victoria de España sobre Alemania, nun espectacular partido.

  

Imáxenes do España – Alemania.

Tamén os rapaces poideron fotografiarse e pedirlle autográfos a estas promesas do basket. nalgúns casos futuiras estrelas do baloncesto mundial: Marc Gasol (Menphis Grizzlies); Victor Sada (base do Barcelona da ACB), son exemplos de xogadores que disputaron este torneo anos trás.

  

Xogadores do Rio Ulla fotgrafiándose con integrantes das seleccións do torneo.

Por ultimo, tamén este club tivo un recoñecemento nos premiados deste ano pola organización.

Premiados da Vilagarcia Basket Cup 2009


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.