Os infantís do Pontecesures C. F. a un partido do ascenso á 1ª Infantil

Publicado por fru en

Esta tarde o equipo de futbol infantil derrotou no campo de Santa Isabel, en Santiago ós infantís do Callobre de A Estrada, polo marcador de 1 – 0, gol anotado por Borja Lorenzo. Inda que o xogador do partido foi o dianteiro Dani Dopazo, un dos mais destacados do equipo, pola sua velocidade e loita constante, levando sempre perigo á área rival. Ademais, os do Pontecesures superon sobrepoñerse á desgraciada lesion do seu porteiro titular Martín na 1ª parte do encontro, por unha lesión na rodilla, e que non vai poder xogala final, pero ahí estivo Miguel Villanustre para defender a porteria do Pontecesures impedindo o empate dos do Callobre cando achucharon na 2ª parte.

Outro éxito do futbol cesureño, que parece rexurdir da man de Marcos «Pichi» Jamardo como adestrador dende que se fundou este club aló polo ano 2000, e que tanto esforzo e tesón leva posto cos rapaces do pobo. A estes rapaces que hoxe so infantís (12-13 anos) colleunos de pequenos, con 6 anos e os foi levando neste tempo con horas e horas de entrenamentos e partidos, pero os resultados empezanse a ver e este equipo está a 1 partido de ascender de categoria.  Cando se fan as cousas ben chegan os premijos, e ademais de xogar finais, equipos de superior categoria preguntan polos rapaces do Pontecesures, para incorporalos, porque gusta como xogan e coma veñen formados.

A gran final e que sirve para que o campeón ascenda vai ser este xoves 22 en Santa Isabel en Santiago, contra o San Pedro, equipo da cidade compostelana, que gañou a sua semifinal por un 3 – 1. 

Dende aquí creo necesario facer un chamamento para que tanto os afeccionados ó futbol coma os pais e responsables locais políticos e deportivos para que sepan estar á altura e brinden ca sua presencia o apoio e ánimo a estes rapaces que van vivir algo histórico, polo menos para eles, pero que á vez van a levar o nome de Pontecesures, e representar ó noso pobo neste evento deportivo.

¡Felicidades para os rapaces, adestrador, e directiva deste pequeno club! ¡E moita sorte para o xoves! Xa sabedes: «A por ellos…»

 

 

Categorías: Ulla C.F

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.