Chus Abalo xa é Doutor pola U.S.C. (Universidá De Santiajo D Compostela)

Publicado por fru en

Pois si,  xente, por increible que parezca, e tal e coma contei onte, o noso conveciño Xesus Abalo xa é DOUTOR en bioloxía pola Universidade de Santiago. Ahi o tedes de corbata e todo, feito un señor.

chus-01.jpg

¡Nada mais e nada menos que un SOBRESAINTE CUM LAUDE levou o rapas! Coma xa contara a tese ia sobre as dificultades para reproducirses lampreas en cautividade (as do rio, mal pensados), e o tribunal considerou que o traballo merecia a nota máxima, polo que podemos decir que algo interesante debeu de contarlles os do «mundo científico» (ese mundo para o que Gulli sempre di que está a traballar toda a semana, que di que é o único que fai por levantar o pais, que senon fose por él esto estaría afundido).

Pois iso, que hoxe a familia e os amijos, tanto os da aldea coma os da ciudá nos axuntamos no Xirimbao e fixemos unha comida de celebración na honra do novo doutor…

chus-grupo.jpg

Por ultimo, decir tamen que na foto familiar podemos ver á famila ó completo, incluido ó último «fichaje» o tamen cesureño Xure, todo un agente de la autoridá, guarda viril para mais señas (en mans de quen estamos Señor) e que posaron para a cámara deste «retratista».

chus-02.jpg

Agora Si… NORABOA CHUS, e coidao ca reproduccion das lampreas!!!


19 comentarios

Chaves · 1-08-2006 a las 23:54

Non hai nadie que felicite a este señor? Pois mira que sacar un sobresaliente cum laude estudiando «non-sei-que» das lampreas, a min paréceme que ten bastante mérito…

Eso, felicidades, Chus! A ver cándo pagas un Kas… vémonos!

fru · 2-08-2006 a las 00:00

Si Señor! Xa tardaba que alguén felicitase ó noso Chus. Eso Chaves, un día quemamos pra tomar un refresco (eu pídome unha mirinda de laranxa)e brindamos co novo «doutor»… cum laude

o cachote · 4-08-2006 a las 01:41

ajora debese de creer moi importante blablabla q xa non se nos xunta co pueblo llano… (se cadra o q buska é aforrarse un peso en pajar uns kases).
Pois eso, q felisidades e tal, e bueno, xa nos veremos entre sudores ou entre copas, usted deside.Saudos!

fru · 4-08-2006 a las 01:48

Pois si, e todo un doctor o rapas ¡Se ata cortou a greña! Agora teremos que invitalo os demais pois xa é unha «autoridá».
Por certo felicitacions para ti, CACHOTE, polo teu propio espacio en internet.

 http://cachote.spaces.live.com/

Menudos pensamentos largas ó ciber espacio ese. Como se enteren as nais das rapazas retirannas do basket. Inda pensarán se leen tal cousas que eres un psicópata, ou que lles das droja na auga dos partidos.
Veña saudos!

Chus, O Rei · 4-08-2006 a las 12:43

Pois si, chavalotes, que xa me tedes coma quen di DOUTOR. Tomaremos unhas copichuelas, esforzareime por todos vos e terei que beber algo. Esta é unha sensación nova e supoño que deberá haber cambios de rumbo de vida. Nada de vida sana.

Unha aperta

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-08-2006 a las 13:02

Por suposto eu tamen felicito ó novo doutor. Non o coñezo moito (apenas polo baloncesto) pero é reconfortante ter estas novas en Pontecesures.
Estiven pensando en facer ou non esta felicitación pública (se me acuse sempre de facer política) e decidime a facelo. Sería absurdo estar limitado por ser concelleiro e non expresar o que sinto. Moita sorte para Chus Abalo.

Antonio Cortés · 4-08-2006 a las 17:33

Enhoraboa Doutor, … aqui vai unha felicitación dun par de amigos 😉

Tiroliro II · 5-08-2006 a las 13:43

Coa garabata Abalo (aínda que hai que colocala mellor introducindo a medio peito a parte estreita por detras da ancha para que non se vexa)), ata pareces un político importante.
Perdona a broma. Moitas felicidades e un agarimoso saúdo.

Chaves · 5-08-2006 a las 14:47

Jajajá… Boísima a foto, meu…

Vaticanista · 5-08-2006 a las 17:44

Amigo Chus, xogas con ventaxe pois tes un tío cura que aparece na foto e que rezou por ti para que acadaras o sobresaínte. E moi conservador pero esta na liña actual do Vaticano. As pregarias sempre son boas.
Unha aperta para este rapaz ó que sempre lembrarei cos seus longos cabelos e tocando a guitarra nas festas de Porto.

Chaves · 5-08-2006 a las 22:03

Meeeec!! Error, jejeje… O que toca Chus é o Laúd (escríbese así? da igual).

Si señor, a verdade é que fora un concierto memorable… Nós non queríamos, pero alí non deixaban de darnos viño… así que seguimos tocando, jejeje

Antonio Cortés · 5-08-2006 a las 22:11

Si, escríbese así, si cae este ano igual baixo o meu (laud tamén), e a xogar … e si fai falla a mandolina 😉

Chus, O Rei · 7-08-2006 a las 18:29

Moitas grazas a todos. Abrúmanme tantas felicitacións a agasallos verbais, que son por suposto moi ben recibidos. Eso si, algúns alcumes non delatan a persoa que hai detrás, polo que non estaría mal que vos delatasedes, para saber a quen lle pago as copas. Unha aperta

taxach · 7-08-2006 a las 18:40

Pois sí, verdade que está guapo o meu mozo?! Non ía quedar eu sen poñer un comentario sobre o seu aspecto un día coma ese, que nos costou iso de que puxera corbata. Pouco lle faltou para querer ir ca camiseta do Celta.
Que se lle vai facer, un celtarra (:o), que me equivoco un celtista doutor.
un bico

Xurelo · 7-08-2006 a las 20:03

Supoño que xa felicitou bastante xente a Chus O Deus asi que eu non o farei, xa o fixen en persoa, so recordarlle a Fru que a miña vinganza vai ser terrible. Ten sorte de que este tan lonxe que se non xa me teria pagado un kas en compensación polo que me fixo. Agora que me lembro, o ilustrisimo señor don doutor ainde me debe un kas… Terei que lembrarllo.
Apertas pra todos

Farruco · 9-08-2006 a las 00:44

Eso é, parabéns para o novo doutor, e para os seus.
Chus, grazas polo convite no lugar onde recollías eses Petromyzons que te levaron ao Cum Laude. Sabemos que este fito da túa vida ha de te levar lonxe, seguro que máis alá de Olveiroa. Onde lle iremos loh? De seguro tamén que ata acabarás por levala garabata coa naturalidade que antes lucías melena, son as cousas da túa profesión, na que te veremos seguir gozando de novos merecementos. E que veñan novas xuntanzas para celebralo!.

Fantasma · 3-10-2006 a las 14:33

Haberá que facer un estudo para saber cantos son capaces de chegar ata DOUTOR por algunha Universidade e que sexa do noso pobo.
A miña noraboa a Chus e todos aqueles que xa case estan piques de conseguilo.
Ánimo seijas, que xa che falta pouco.¡

Tuso · 4-10-2006 a las 12:12

Pois como capaces seguro que hai uns cuantos.
Outra cousa é que elixan o camiño, de, ó acabar os seus estudios, continuar hasta doutores.
Parabéns.

fantasma · 15-01-2007 a las 11:57

Xa hai outro doutor.Tamén a miña noraboa ao irmán de Chus .

Responder a fru Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.