«O alcalde preferiu ir ver o Xabarín que vir a un pleno»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Entrevista | Luis Ángel Sabariz Rolán
Desembarcado nas filas socialistas, Sabariz ve difícil un acordo co BNG

Logo de oito anos na Agrupación Cidadá de Pontecesures, Sabariz marcha ao PSOE. Unha aventura que ten a súa explicación.

-Nós estabamos a preparar a lista da ACP, pero alá a principios deste ano tivemos a chamada do coordinador comarcal do PSOE, Juan Froján, e logo do secretario provincial, Modesto Pose, interesados por que nos integrásemos na súa candidatura. Barallamos a posibilidade e démoslle o si porque nos sentimos cómodos nas listas do PSOE e porque son comprensivos cos problemas de Cesures e vanse, creo que esa é palabra, si, volcar.

-E así chegamos a que vostedes, antes independentes, son agora practicamente o PSOE cesureño.

-Evidentemente algo sucedeu na agrupación socialista. Semella que a maioría quería a ?scar Gerpe. Pero o partido apostou un pouco por min. O único que eu fixen no mitin con Manuel Vázquez foi agradecer o labor de Gerpe, pedir o seu apoio e poñerme á súa enteira disposición.

-E só levan un militante do PSOE na lista.

-Efectivamente. Eu pretendía contar con máis xente deles, pero tiveron esa posición de non integrarse na candidatura.

-¿Non é un pouco raro?

-Nós temos que tirar para adiante. Eu fixen un chamamento á agrupación do PSOE, pedín comprensión e penso que, logo daquel desencontro inicial, as relacións vanse normalizando. Eu sigo á súa disposición.

-¿Que é o que pasa co alcalde, Luis?

-Estiven sete anos no goberno. Fun leal sempre ao alcalde, fomos a carón un doutro, fíxose xestión, conseguimos cousas importantes. Pero hai ano e pico comezou a poñer atrancos. Empezou a pechar despachos, a impedir xestións, e empezaron asuntos típicos como colocar xente a dedo ou o do gasóleo. Lonxe de aclarar as cousas tensou a corda. Non facilita documentación, non cumpre os acordos plenarios. Non é nada persoal, pero non é o alcalde que Pontecesures merece. Cando veu o espectáculo preferiu ir ver o Xabarín que vir a un pleno. Nin sequera vive aquí, senón en Rianxo.

-Mire que igual teñen que pactar a alcaldía…

-Eu falei moito co partido deste tema, e o partido é sabedor da miña opinión. A xente non entendería que agora lle dese a alcaldía.

-Traballa en Sanxenxo.

-Son o tesoureiro, e de forma provisional o secretario do Concello.

-¿E que tal alí?

-Sen entrar en valoracións políticas, a alcaldesa deu exemplo de tolerancia ao propoñerme a min para cubrir a vacante temporal.

POR FACER

O fundamental é rematar o saneamento do río e solucionar a contaminación aérea que provoca finsa, ese pó en suspensión que nos esmaga.

O conselleiro comprometeuse a que se cumpra a normativa, e eu confío nel e en que se cumpran os parámetros. De nada serve xestionar isto ou aquilo se non podes respirar. Pontecesures precisa un edificio de usos múltiples e recuperar patrimonio, o pazo da Cova, ou o castro de San Xulián para uso público, podería ser un xardín botánico precioso, outros edificios emblemáticos como o Alfolí. E cuestións como un pediatra, un segundo médico, outro obradoiro de emprego. Xa fixemos unha rolda nas consellerías competentes e as perspectivas son boas. O polígono industrial sí, pero contando con tódolos afectados, procurando o consenso. Sería esencial manter o servizo de ferrocarril como cercanías, e intentarémolo aínda que non será doado.

ERROS PROPIOS.

O gran fracaso, estando no goberno, e na procentaxe de responsabilidade que me pode corresponder por non sermos quen de poñer en marcha a depuradora no tempo en que gobernaba o PP. Aínda que pelexei moito, tampouco conseguín recuperar o persoal na estación de ferrocarril. Xa na oposición, e aínda que creo que é un labor de moito mérito, se cadra é dificil transmitir á xente o que está pasando no Concello.

LA VOZ DE GALICIA 24/04/07


6 comentarios

Piñeiro · 24-04-2007 a las 09:58

Como siempre, marcando diferencia. Muy bien. Guste o no guste ahí está. Talante, estilo, amplia visión del momento político del pueblo, humilde (al reconocer la dificultad de comunicar al pueblo lo que está pasando); sentido común primero la vida (aire y aguas limpias) y luego la gestión. Muchas cosas dice y muy bien, suerte MAESTRO.

Atlanta · 24-04-2007 a las 10:14

TALANTE: o da alcaldesa de sanxenxo que é do PARTIDO POPULAR, si señor. y Sabariz lo reconoce. todo muy bonito

Un cesureño no exilio · 24-04-2007 a las 12:22

A min dame a sensacion e pode que me equivoque que este sabariz esta no partido socialista por interes en entrar no concello nada mais. Dame sensacion de ser de dereitas .

O Rei · 25-04-2007 a las 09:03

Moi mal elexido o titular da noticia! Non di nada do que é a mesma, simplemente pon parte dunha afirmación que fixo o entrevistado. A noticia non é que o alcalde fixera iso, senon que «Sabariz di que o fixo», que é moi diferente. Pode ser verdade ou pode non selo, pero esa é a noticia.

Sabariz · 25-04-2007 a las 09:49

O autor da entrevista que me fixeron elixiu para o titulo da mesma unha das frase que dixen porque lle chamou a atención. Claro que son as miñas declaracións «O Rei», pero que foi verdade ninguén o dubida, porque ao Sr. Alvarez Angueira moitos veciños de Pontecesures o viron o venres 27 de decembro de 2006 no pavillón polideportivo a partir das 20,30 horas no espectáculo do Xabarin en lugar de estar presidindo o pleno ordinario que comezou a esa hora na Casa do Concello. Está claro que o alcalde non quería respostar aos membros da oposición as preguntas pendentes, pero ademáis a incomparecencia foi un desprezo a toda a Corporación e a tódolos veciños de Pontecesures.

O Rei · 25-04-2007 a las 18:52

Dacordo contigo en que iso é un acto, chamémoslle «feo», pero o meu comentario ía dirixido non á veracidade ou non da noticia, senon ó titular da mesma. Non deixa de ser parte da entrevista, e non a define. Quizáis o alcalde tiña os seus motivos para actuar desa maneira!? Outra cousa ben distinta é que o autor do titular consigueu o que buscaba; que a xente lea a noticia. Un título impactante, sexa verdade ou non, sexa significativo do que contén a noticia ou non, pero que provoca que o lector lea (v. a r.) a noticia.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.