Texto íntegro da carta ao Sr. Pérez Touriño.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

SR. SECRETARIO XERAL DO PSdeG-PSOE

Mediante a presente, quérolle explicar as razóns do incumprimento do acordo marco PSdeG-BNG por parte dos concelleiros da lista socialista de Pontecesures (todos eles independientes, agás un afiliado) o pasado día 16 na sesión de elección de alcalde. Son as seguintes:

1-En xaneiro pasado integrámonos na lista tras o ofrecemento do secretario comarcal e do secretario provincial do partido ao compartir moitos proxectos da formación en materia de igualdade, potenciación da educación, protección do medio ambiente, etc.. Aceptouse que non iamos a apoiar ao candidato nacionalista que era o Sr. Alvarez Angueira (sí ao BNG se o candidato fora outra persoa) nin tampouco a investidura do candidato do PP.

2-A pregunta nosa, os responsables do partido informáronos que, ao seu xuizo, non se ía asinar despois dos comicios un pacto global para tódolos concelos PSdeG-BNG como se fixo noutros comicios locais. De coñecer antes este dato é posibel que non formaramos parte da candidatura socialista.

3-Fundamentalmente non estabamos dispostos a apoiar a investidura nin pactar co Sr. Alvarez Angueira, entre outras, polas seguintes razóns:

-O alcalde anterior viña entorpecendo a sabendas, dende hai tempo, os dereitos dos membros da oposición a consultar os expedientes e a documentación municipal. Non se consentía o labor de oposición e ante as irregularidades que se denunciaban obstruía e demoraba as consultas e tahaba de obsesionado e pouco axuizado a este concelleiro. Tivo que intervir o Valedor do Pobo con envío de varios escritos nos que se advirteu ao alcalde anterior de que a súa actitude ía ser considerada hostil e entorpecedora.

-Sistemáticamente o alcalde do BNG negábase a respostar nos plenos ordinarios ás preguntas da oposición, levantando algunha vez as sesións de xeito intencionado para non cumprir coa súa obriga de respostar ás preguntas sobre a xestión municipal. Tampouco cumpría os acordos e compromisos adoptados na sesións plenarias.

-Houbo algún caso de flagrante discriminación política relacionada con contratación de persoal e numerosas contrataións sen seguirse procedemento algún e obviando os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade. Por suposto fomentábase así o clientelismo e o amiguismo na xestión municipal.

-Utilizou vergoñentas prácticas cando estabamos a formar a candidatura chamando de xeito máis ou menos ameazante a varios membros para que non se integraran connosco.

4-O Sr. Quintana foi informado en varias ocasións destas actitudes que afectan aos dereitos dos concelleiros, a igualdade das persoas, a liberdade, etc.. e recibín a calada por resposta.

5-Os representantes locais do BNG tiveron unha entrevista coa nosa lista despois do día das eleccións pero, practicamente para lembrarnos o acordo marco. Sorprendentemente o candidato Sr. Alvarez Angueira nin se presentou e só nos pediron unha abstención para posibilitar a elección do seu candidato anunciando que podería haber algún acordo puntual no futuro.

6-Por 14 votos a favor e 2 abstencións, os membros da lista adoptamos esa decisión democrática e fundamentada aínda que difícil de entender (apoiamos á candidata menos votada). De feito tiven pintadas insultantes na miña casa particular e no meu vehículo pola decisión que mantivemos.

7-Quero agradeceer a confianza que puxeron en mín os dirixentes do partido (Juan Froján e Modesto Pose) e salientar que colaboraron connosco e tentaron que se cumprira o acordo marco aínda que sen éxito.

No día de hoxe recibo con tristura a nova de que debemos deixar as siglas do partido e converternos en concelleiros sen adscripción. Aínda que comprendo a súa postura, comunícolle que o noso grupo de xente tiña moita ilusión en traballar polo PSdeG en Pontecesures. Somos un grupo de xente humilde e de tódalas condicións e continuaremos, aínda que non teñamos siglas políticas, co noso labor en favor dos veciños.

Espero demostrarlle algún día, con todo tipo de detalle, o que expliquei sobre as actuacións do Sr. Alvarez Angueira. Teño a conciencia moi trnquila e non me considero nin díscolo, nin rebelde, nin tránsfuga. Non teño aspiracións políticas e tan só quero cumprir coas miñas conviccións. Resultaría lamentable votar nun pleno o contrario do que pensamos.

Seguirei apoiando ao PSOE e pedindo o voto para os socialistas non vindeiros comicios que pronto teremos de carácter nacional ou autonómico, porque estou de acordo fundamentalmente co traballo e ideas que defenden e deséxolle de corazón que siga a desenvolver o gran labor que está a realizar na Xunta de Galicia.

Unha forte aperta
Pontecesures, 18 de xuño de 2007
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de Pontecesures


29 comentarios

HOXE · 20-06-2007 a las 20:36

Ese documento que has colgado en la página es vergonzante y vergonzoso para cualquier socialista de bien, y de seguro que para el señor touriño, así lo será.

Una sarta de mentiras y de argucias y manipulaciones. No te preocupes, Sabariz, Touriño sabrá de primera mano quien eres tú, y no eres el que has tratado de transmitirle. Eres un transfuga.

¿te queda algo de credibilidad para pedir votos a alguien?. Es una indignidad que vuelvas a mentar al partido socialista para nada. Tus rollos maquiavelicos han dejado de funcionar.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-06-2007 a las 20:44

Pero tranquízate, «HOXE», espliqueille ao Sr. Pérez Touriño todo o que pasou. Teño o dereito a transmitir a miña versión. Non trates de acalarme. Pensa que non toda a xente pensa coma tí.

Donicela · 20-06-2007 a las 20:49

Hoxe, desgrana cada una de las mentiras, argucias y manipulaciones. Tras todo lo que he visto, leido y escuchado no tengo nada claro, se muestran más opiniones que hechos contundentes, sentimientos que razón. Se que hay muchas formas de ver una cosa, pero al menos habrá datos inapelábles por alguna de las partes, y eso es lo que aun no he visto.
He visto «Hecho A «, «Hecho A no es verdad», «No ha pasado el hecho B», «El hecho B ocurrio de la siguiente manera». Si se buscaba enredar al pueblo se ha conseguido, no hay dos personas que vean el problema de la misma forma ni sepan de la misa la mitad, entre estos últimos yo.

Imaginémonos que estamos en un Juicio y el Pueblo es el Jurado, no queremos suposiciones necesitamos pruebas, datos contrastados, que más allá de una «duda razonable» lleven al jurado a decidir la culpabilidad o la inocencia. Y no se han dado. Por lo que, por mi parte, sigo en «juicio nulo».

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-06-2007 a las 20:59

Os feitos expostos no escrito dirixido ao Sr. Pérez Touriño sobre as actuacións do Sr. Alvarez Angueira están totalmente acreditados (moitos deles nesta páxina, consúltese a hemeroteca).

HOXE · 20-06-2007 a las 21:26

sr. sabariz, usted prometió no pactar con el PP, y si es cierto que le aceptaron tajantemente que no tendría que pactar con angueira y que el Sr. Pose dijo que no iba a haber pactos PSOE-BNG en estas elecciones – que eso no se lo puede creer nadie- aun así USTED HA PROTAGONIZADO UN PACTO ENCUBIERTO CON EL PP ¿entendido?. Y dejese de Angueira ni de Angueira (eso al Sr. Peréz Touriño como a los demás nos parecen chiquilladas de patio de colegio, está usted obsesionado). Dejese de hemeroteca, que en la hemeroteca ha escrito usted lo que le ha interesado. Preparó bien la cama, y ahora se le está empezando a deschacer

hemeroteca · 20-06-2007 a las 21:33

alguien me llamó? aquí está la hemoreteca, que no se olvide.

El candidato a la alcaldía por el PSOE en Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, quiere disipar cualquier duda respecto a su política de alianzas tras el 27-M. «Por suposto non vou pactar co PP, nin co señor alcalde. Sería un fraude á xente. Imos ter unha importancia decisiva en Pontecesures e nosa posición é que imos gañar», indicó durante el mitin celebrado el lunes. … «Eu confío en que aqueles que se sinten socialistas nos van apoiar. O demais son cantos de sirena», indicó

Detalles:
Entrevista | María Isabel Castro Barreiro
…Que ninguén se equivoque, eu vou pola maioría absoluta?
-Pero o goberno vai.
-Funcionamos como un equipo, aínda que somos opostos totalmente. A min gústanme máis os pequenos detalles, mirar por que os cidadáns teñan as súas necesidades cubertas. El, o señor alcalde, mira máis cara as grandes cousas. Pero vese que funciona. Aínda quitándome a media dedicación, traballei sen ver un peso e fixen o meu labor. Seica a alguén na oposición lle molestaba isto.
-¿Foi unha vinganza?
-Si, claro. Ese que ti ben sabes tivo ciumes políticos ao ver que estaba a realizar un traballo ben feito.

Donicela · 20-06-2007 a las 21:35

Hoxe, yo sólo he visto que PSOE (en su momento) y PP Votaron para que la candidata de IP obtuviera la alcaldía. ¿ Es eso un pacto ? Un pacto implica condiciones, ¿ Que condiciones tiene ese pacto ? en estos momentos me suena a que se SUPONE que hai un pacto, de la misma forma que algunos SUPONEN que existe un cielo, y un infierno ( el purgatorio parece que lo han quitado desde la curia romana ). Hechos, no suposiciones son lo que queremos los cesureños.

HOXE · 20-06-2007 a las 21:58

Mira, ¿tu sabes que para conformar un gobierno municipal de mayoría hacen falta 6? ¿donde estan los otros 5? ¿me lo puedes explicar? ¿que gobierna, Maribel sola? ¿va a tener ella todas las concejalias?. Por favor, Donicela, creo que nos estas vacilando. Dejate ya de tantas coñas. Esto es demasiado serio, para andar vacilando. Y si no preguntaselo a Sabariz, que es el que cuenta milongas y que te explique el lo que quieres oir.

Donicela · 20-06-2007 a las 22:18

¿ Que concejalías ? por lo que yo se no hay un número definido de concejalías, y estas son delegaciones (delegadas por) del alcalde. Por haber, creo (y si, ahora estoy suponiendo) que podría no existir ninguna.

Hoxe, ¿ Que te hace pensar que te estoy vacilando ? , yo parto de que la retórica que empleas que si parece que busque «vacilar» o sembrar la duda entre los vecinos, de ahí que trate de aclarar cosas. Puede que sea (seguramente) pesado pero es un estigma con el que he nacido, no se podrá decir que soy maleducado, ni que te digo a ti o a otra persona «DEJA DE DIVAGAR», «NO SIGAS», «NO VACILES». Esa es una pequeña gran diferencia.

vergonha · 20-06-2007 a las 22:25

Ao PP non lle vai chegar coa coral de maiores (punto estrela do seu programa) para xustificar diante dos seus que meteran á ??dama de palla?, como din eles, na alcaldía. E que non a tragan. Non sei por que, si solo se ocupa de los pequeños detalles y de que tengamos nuestras necesidades cubiertas. CASI NADA.
Por certo, din que estas corales danche pingües beneficios. INCREIBLE.

souto · 21-06-2007 a las 09:26

O da carta o Secretario Xeral do Partido Socialista de Galicia é lamentable, como dí «Hoxe» /dejese de Angueira ni de Angueira (eso al Sr. Peréz Touriño como a los demás nos parecen chiquilladas de patio de colegio, está usted obsesionado)/, un cúmulo de pataleos e cabreos personalizados, eso mesmo ocurre en moitos concellos e cousas moitísimo mais graves (seguro que Sabaríz sabe cousas de Sanxenxo que farían temblar as catedrais).
Pero é que os seus grandes argumentos para apoiar un goberno compartido co PP son:

-O alcalde anterior viña entorpecendo a sabendas, dende hai tempo, os dereitos dos membros da oposición a consultar os expedientes e a documentación municipal…. SI INCULCABA A LEI, O XUZGADO

-Sistemáticamente o alcalde do BNG negábase a respostar nos plenos ordinarios ás preguntas da oposición….SI INCULCABA A LEI, O XUZGADO

-Houbo algún caso de flagrante discriminación política relacionada con contratación de persoal….SI INCULCABA A LEI, O XUZGADO

-Utilizou vergoñentas prácticas cando estabamos a formar a candidatura chamando de xeito máis ou menos ameazante a varios membros para que non se integraran connosco. ESTO NIN MERECE COMENTAR.

As grandes razóns políticas e argumentos utilizados para dar o seu apoio a un goberno do PP, deben estar facendo pensar o Sr. Touriño quen foi o lumbrera do PSG que deixou o partido en PONTECESURES nas más deste Sr.
Quen con nenos se deita mexado se levanta

xan · 21-06-2007 a las 10:33

Pudo tamén o Sr. Sabariz explicarlle a Touriño como acabou o conto da descriminación política da súa cuñada.
Con agresións a menores, insultos a estes e á xente que intentou defendelos,con parte médico e denuncia no xuzgado.Si llo fai ó meu fillo, acabo eu no carcere.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-06-2007 a las 11:37

Estás manipulando «a sabendas» á opinión pública. A miña familiar inxustamente discriminada foi Angeles Barreiro Ferro casada co meu cuñado (pedíronse máis aspirantes á oficina de emprego para non contratala de ordenanza, a pesar de ser a única que lle interesaba o posto e que reside en Pontecesures. Prefireuse avisar despois da entrevista a outra persoa dicíndolle que se inscribira de ordenanza na oficina de Vilagarcía, para non coller a Angeles).
Citas para desacreditarme a situación doutra cuñada miña que non ten nada que ver co concello. Son problemas da súa vida partícular. Teño a miña versión do que lle sucedeu, os incidentes que tivo con pandillas de menores, o seu estado de ánimo, a denuncia no cuartel de Valga por parte dos pais dos menores, etc..
Non debo entrar eu nestes problemas, aínda que lamento o sucedido. Cada un e responsable dos seus actos e terá que defenderse na xustiza contra as acusacións.
Mira, «xan», prégoche un pouco de respecto non teus comentarios. Critícame a min o que queiras, pero deixa fóra á miña familia. Teño muller, fillos e outros familiares políticos na vila que non merecen ser mixturados coa actual situación.

xan · 21-06-2007 a las 12:12

Levas preto de dous anos largando pola voca nesta páxina miles de tonterías nunca probadas, levan os teus colegas de páxina, e de lista, facendo todo tipo de comentarios sen gusto ningún, ridiculizando a moita xente, e agora pides repeto pra ti.
De onde sacas autoridade moral caballero!!!
Nunca che vin reprocharlle á Sra. paspallás as lindeces que ten largado pola voca.
Mon eres o único que ten familia. Cando queiras empeza ti, e seguimosche todos.
Pensa o que farías ti si abofetease a un sobriño teu nun supermercado do pobo unha cuñada de Angueira, pra despois poñerse a gritar: ladrones! los «no adscrítos» son unos ladrones!
Si os do bloque son uns ladróns que llo chamen os pais ou os tíos pero non a uns rapaces.
Si che pasa a ti, sale nesta páxina por activa e por pasiva.

mullerdealf · 21-06-2007 a las 12:28

Escuché que esta mañana en el pueblo se pelearon dos personas por como han dejado el pueblo el indigno Sabariz y su «sociolisto» ¿puede alguien ampliar esta información ¿ Le han arreado a alguno de estos dos? Desde luego se lo tienen bien merecido.

Donicela · 21-06-2007 a las 12:34

¿ Pero es que nadie más se da cuenta de lo aberrante y lo que implica que nos planteemos que alguien debe ser agredido o se merece ser agredido ? ¿ Hemos perdido toda cordura ?

LA ABEJA MAYA 69 · 21-06-2007 a las 12:53

Mullerdealf a tua ultima frase «Desde luego se lo tienen bien merecido» calificase por si soa e di claramente que tipo de persoa eres( oxala non chegue nunca a ter un enfrontamento contigo porque si non xa sei o que me espera).
Ninguén ten merecido que lle arreen nin na rua nin en ningún lado.
Un pouco de calma. Serenidade. Cordura. Educación. Respeto…
Un saudiño

grandes · 21-06-2007 a las 13:24

Sabaríz ou Tuso como queiras chamarte, porque non lle contaches a Touriño, quen foi o que colaborou para que a túa cuñada viñera sola nunha lista con cinco persoas de fora de cesures. Sabémolo todo non nos tires da lingua, xa non engañas a nadie.

Donicela · 21-06-2007 a las 13:27

Grandes, es realmente loable tu labor de «cuidado que lo voy a decir», «cuidado que lo digo ehh», «que lo digo!». ¿ El que ?

Tuso · 21-06-2007 a las 13:49

«grandes» será mellor que llo conte o Sr. Sabaríz (se quere) porque eu nin conozco o Sr. Touriño (só dos medios), nin sei mais da historia da cuñada que o que nesta web se publicou.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-06-2007 a las 13:51

E unha mágoa «xan», «mullerdealf», «grandes», etc.. que sigades con eses termos. Resulta incribel que se incite á violencia animando a que Alfonso Diz e máis eu sexamos agredidos. Eu sempre tiven a intención de debater, xulgar os feitos, etc… pero vexo que me está a ser imposible.
Hai unha táctica preconcebida para desacreditarme e como sodes persoas anónimas pouco podo facer. E mellor que dedes a cara e así podemos plantexar o que queirades.
Mira «grandes», na oficina de emprego de Vilagarcía podes preguntar o que plantexas. Queres extender que fixen irregularidades na miña xestión, pero pinchas en oso. Teño a conciencia moi tranquila.

souto · 21-06-2007 a las 14:01

E por qué non deixamos esos comentarios e voltamos o tema da noticia?

Tuso · 21-06-2007 a las 14:15

Tes razón «souto».

A min un punto que me parece importante é o 2º:
«2-A pregunta nosa, os responsables do partido informáronos que, ao seu xuizo, non se ía asinar despois dos comicios un pacto global para tódolos concelos PSdeG-BNG como se fixo noutros comicios locais. De coñecer antes este dato é posibel que non formaramos parte da candidatura socialista.»

Escoitase moito estes días decir a xente de psoe e bloque que é natural que pacten para sacar adiante gobernos estables e progresistas. Esta xente da por suposto que calquera persona que vote a algún deses dous partidos desexa que estes para gobernar (de feito, unha vez que entrambos xuntan maioría, tamén dan por suposto que o pobo enteiro quereos gobernando), e é mais que os votantes xa saben que o van facer. Non o discuto, pero entón pregúntome: ¿porque non asinan eses pactos antes das eleccións? ¿non sería mellor para todos?

Dígoo porque se ambolos dous partidos ven tan claro estos pactos naturais non lle vexo sentido (a non ser que pense mal) a esperar a despois dos comicios para facelo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-06-2007 a las 14:24

Penso, «Tuso», que a intención do PSOE era non asinar un pacto global despois das eleccións e habería liberdade en cada concello. Pero a perda das maiorías absolutas socialistas en A Coruña e Lugo e o non acadar está maioría en Santiago como se esperaba foi determinante para asinar o acordo marco.

souto · 21-06-2007 a las 14:32

Non estou dacordo, nas anteriores eleccions con maiorías absolutas en A Coruña, Lugo, Santiago,..firmaron o pacto. E mais, firmárono coa total oposicion de Paco Vazquez.

Tuso · 21-06-2007 a las 14:37

E neses casos que comentas, «souto», ¿recordas se o pacto se asinou antes ou despois das eleccións?

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-06-2007 a las 14:39

Quero deixar claro que a min o secretario provincial do PSOE comentoume en xaneiro (cando se me ofreceu ser o nº 1 do PSOE en Pontecesures) que non se esperaba que houbera o acordo marco pero él non expuso as razóns. Sería unha estratexia de partido. A impresión sobre a influencia da perda das maiorías e da miña colleita, o Sr. Pose non o dixo.

Pepe de San Xulian · 21-06-2007 a las 15:11

Grandes: ¿Qué pequeno e raquítico eres?.
Muller de alf: Eres terrorista?
Souto: Paco Vazquez está no vaticano reconciliandose con Deus.
Xan: Dádelle alas a eses nenos e a delincuencia aumentará un % considerable.
Hoxe: Sabariz conta milongas e Angueira vai a misa e a toma de posesión falando polo teléfono que pagamos todos. Educación Sr. Angueria por favor.
Hemeroteca: Sigue dando información, pois así «os grandes traballadores» durmiran unha gran sesta no sofá, aforraraslle traballo.
Luis Angel Sabariz: pensa que os GRANDES sempre foron considerados despois de mortos.Así o fan os curas nos funerais.
Felicidades Maribel, aproveita ben a tua oportunidade, non cometas o mesmo erro que o teu antecesor. Saudiños a todos e perdón se alguen se sentiu ofendido, soio pregunto, non afirmo.

chaman · 21-06-2007 a las 16:21

Y todo es tan natural
En esta bendita o jodida
Ciudad del odio
La callada por respuestas
Inhalando más sentencias
La opinión general
Siempre es tiranía
Lucha de poder
La revuelta callejera
El ladrido de la gente
Como perros asustados
Y por que no rabiosos
Subastan al reo
Quien da mas ante tanto esperpento
Crónica de un accidente anunciado
En este dramática historia
No todo es lo que parece
Quien mueve vuestras manos
Y dirige vuestros gestos
Y como no influye
En vuestros pensamientos
Si aun no empezó la gran fiesta
Cada cosa a su tiempo
En estos días de penas y olvidos
Un Réquiem para un carbón
Los gritos en el callejón sin salida
La noche antes del fin del mundo
Solsticio de verano
Noche de lágrimas
Dios no existe
Tan solo es una imaginación del papa
Y la pluma se detuvo un momento
En un brusco guiño de complicidad
Dejando un luminoso alo de clarividencia y lucidez
La caída del imperio
Sus cenizas
Y todas sus quimeras
Y todos sus misterios
Un episodio con un dramático final
Y todos parecen haber perdido la razón

Responder a grandes Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.