Anuncio no DOG: Edicto do Concello de Pontecesures

Publicado por Tuso en

Edicto publicado o 26/06/2007 no Diario Oficial De Galicia (DOG):

O Pleno da Corporación municipal, en sesión do 25 de abril de 2007, aprobou definitivamente o estudo de detalle para definición de aliñacións e consolidación de edificación do quinteiro sito r/ Víctor García 17-19 / avenida Eugenio Escudero, promovido de oficio polo concello e redactado polo arquitecto Carlos D. Besada Ferreiro.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co sinalado no artigo 92 da Lei 9/1992, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, remitíndose con data do 11 de maio de 2007 á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente administrativo e dous exemplares do instrumento aprobado.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou actuación que estimen oportuno.

Pontecesures, 11 de maio de 2007.
Manuel Luís Álvarez Angueira
Alcalde

DOG nº 122, do 26/06/2007, páxina 11.111


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.