2 PROMESAS BALONCESTISTICAS SAIDAS DO CB RIO ULLA VAN XOGAR OS XOGOS DO EIXO ATLANTICO DO 9 Ã? 16 DE XULLO EN OPORTO

Publicado por fru en

Dani Barral e Fabian Manteiga son 2 rapaces do pobo. Pero ambos teñen 3 cousas en común: a idade (ambos naceron no 91, pasan a xuvenís polo tanto), unha gran amistade entre eles, e unha pasión: XOGAR � BASKET.

 100_6355-web.JPG

Por eso ambos están emocionados estes dias ca nova de que gracias ó seu esforzo destes anos van a participar nos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran cada 2 anos entre as principais cidades galegas e as do Norte de Portugal. Este ano vai ser entre o 9 e o 16 de xullo en Vilanova da Gaia (Oporto). Cada un vai representar á cidade do equipo onde xogan actualmente: Gani, como xogador do BBC vai convocado por Vilagarcia, e Fabian, quen xoga en Peleteiro, representa a Santiago de Compostela.

¿Pero quen son e como chegaron a este momento na sua vida deportiva estes 2 rapaces?

DANI BARRAL

Posición no campo: Aleiro.

Leva xogando ó baloncesto dende hai 6 temporadas, dende a 2001-02 onde entrou no equipo alevín do C.B. Rio Ulla de aquel ano, equipo adestrado por Chaves. Esa temporada e outra mais xogou en minibasket, conseguindo o 2º ano o subcampeonato alevin, adestrado por Antonio Pedrido. O 3º ano, xa en infantís, destacou logo da magnífica temporada feita, que o levou a formar parte incluso da selección arousana infantil, e foi ó remate da mesma o BBC de Vilagarcia se puxo en contacto con él para fichalo.

A súa primeira temporada no BBC, 2004-05 estivo marcada por unha lesion de nocello que lle cortou a temporada. Inda así conseguiron ser 6º no campeonato galego de infantís.

Na seguinte temporada quedaron 3º na liga e 2º na copa.

 100_6349-web.JPG

E esta pasada temporada que ven de rematar foi a da súa explosión: maximo anotador do seu equipo, equipo que gañou as competicións onde participou: Liga Arousana, Torneo Internacional Cadete de Nadal en Vilagarcia,  e Ccopa Galega Cadete.

Unha anécdota: Na final da copa galega cadete foi quen de anotar unha tripla dende o medio do campo no remate do 3º cuarto que empataba o partido, que acabarían gañando por 5, e do que foi máximo anotador (21 puntos).  Inda que recorda todavia a súa máxima anotación: 49 puntos xogando co Rio Ulla en Infantís a un equipo de Marín.

 

FABIAN MANTEIGA

Posición no campo: Escolta, inda que pode xogar de base.

Empezou a xogar mais tarde ó basket, mediada a temporada 2003-04, no seu 1º ano de infantís. Dende o principio destacou pola súa intensidade defensiva e dirección de xogo.
Ca  marcha de Dani ó ano seguinte foi o lider do equipo de infantís do Rio Ulla, equipo que se proclamou campeón de liga zonal, anotando Fabian unha media de 30 puntos por partido. En copa o equipo chegou ás semifinais, caendo dignamente co que sería campeon Liceo de Vilagarcía.

Na última temporada, xa en cadetes mantivo a sua progresión individual, pois seguiu destacando como base e anotador do equipo. Varios equipos interesaronse por él, escollendo a opción de Peleteiro de Santiago, onde fichou hai 1 ano.

Nesta temporada logrou quedar 7º clasificados de Galicia na categoria cadete. Foi capaz de anotarlle 41 puntos a un equipo de Coruña: o Basket Atlántico. O mais importante é que logrou facerse un oco no quinteto titular e xogar moitos mais minutos dos que podía pensarse nun principio, anotando case 20 puntos de media.

 100_6354-web.JPG

Ademais, empexou a ir co equipo xuvenil, e tamén xogou minutos con eles. Así primeiro acadou o subcampeonato zonal de Santiago, logo logrou gañala Copa Galega Xunior e tamén a «Compostela Cup Cadete».

 Pois  sorte a ambos neses Xogos Atlánticos e para o futuro.

 


2 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-06-2007 a las 21:02

Deséxolle moita sorte a ámbolos dous. Sei que están moi ilusionados co deporte da canastra.¡Animo!

Paspallas · 29-06-2007 a las 00:28

Animo rapaces que non sexa todo «BOTELLON».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.