Nacho anuncia a súa retirada do Basket

Publicado por Antonio Cortés en

Logo de dezasete anos xogando e defendendo as cores do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures, Nacho, sen dúbida o mellor pivot que xogou no equipo de Fruki, anunciou a súa retirada definitiva o pasado domingo. Segundo manifestou, deixa o baloncesto por motivos laborais e persoais. Xa lle foi complicado xogar e entrenar con frecuncia a pasada tempada, pero sempre que podía estaba apoiando os seus compañeiros e amigos. Cando Jhon Pino anunciou o seu retorno ao C.B Pontecesures, Nacho, vendo que o posto de pivot quedaba ben cuberto por Pino e Arturo, decidiu «colga-la» camiseta.

tres-destrosados.jpg

Nacho da a alterniva a Jhon Pino

Agora, unha vez confirmado por él mesmo a súa retirada, e logo de defender, xogar, e sentar cátedra como xogador e sobre todo, como persoa, se merecería unha sentida e emocionada homenaxe. De momento, e a pesar de que antes de ser oficial, Fruki xa o sabía persoalmente por Nacho, non se sabe nada, nin se escoita nada de homenaxes por parte da xunta directiva do clube, comandada polo eterno Fruki. Esperemos que Fruki esta vez ande rapido e se encomende a facer canto antes unha homenaxe merecidísima a un xogador que xogou en Cesures por non deixar «tirados» os seus amigos de sempre, a pesar de que tiña calidade para xogar nunha liga superior.

Dentro dun mes comeza a pretempada do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures. Esperemos que Rodriguez Fructuoso e a súa directiva preparen algún partido no que Nacho se poida despedir dos seus amigos de equipo e dos seus amigos de grada de sempre. Pero iso xa non depende de nos.

Dende aquí, *Gracias Nacho*.


5 comentarios

Bli · 10-08-2007 a las 01:01

Parabens por entrar no clube dos xubilados, ainda que podia xogar uns cantos anos mais. Eu tiven a honra de xogar con esta grandísima persoa, e foi un honor coñecela como persoa.

cachote · 11-08-2007 a las 09:29

Felicidades tio, a verdad é q foi un placer xojar contijo e bueno, tamen por ser un referente a seguir nas cenas e tal! Eso si, inda habemos de botar uns tiros mais de unha vez, inda q xa sea de xeito amigable. Acordate da peña q keda atras, o perillas , bull, johnny reverso, pereira… eles tamen te botaran de menos.Un saúdo!

O Rei · 11-08-2007 a las 12:22

Parece que non se anima moito o equipo a comentar. Só unha «vella» gloria do CB coma «Bli» e o gran «facedor» de equipo «Cachote» o fixeron. Bueno, eu tamén vou poñer que logo de xa non sei, ¿10 anos?, no mesmmo equipo, xogando ou non, só teño boas lembranzas de Nacho, o sempiterno pivote sobre o que xiraba todo o xogo, sobre todo ofensivo.

De todas maneiras non te preocupes porque o teu legado parece que queda asegurado co novo «Nacho» que sae da canteira das Ribocias.

Unha aperta e ¡tomádelle unha á miña saúde!

Feli_no · 12-08-2007 a las 16:39

Grande, grande, xogador. Persoa? MELLOR.
Botaráseche de menos na cancha. Nós e os demais equipos: Cando se xoga con ou contra alguén de CALIDADE sempre gosta un do deporte do baloncesto.
Indiscutiblemente toda esta CALIDADE que Nacho atesoras no basket multiplícase por moitos enteiros ó sair da cancha.
Espero, esperamos todos poder seguir tirando de cando en vez uns tiros ou tomarnos algo por ahí contigo.

Grazas Nacho

xiana cores · 13-08-2007 a las 19:10

Gracias Nacho polas grandes tardes de baloncesto que nos destes os que dende fai anos somos aficionados o baloncesto.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.