Problemática da obra de acceso á Toxa. Nota do Concello.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE PONTECESURES.

O pasado día 18 de outubro tivo lugar unha entrevista na Delegación Provincial de Medio Rural de Pontevedra entre o propio delegado, a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro Barreiro e o concelleiro de relacións institucionais, Luis Angel Sabariz Rolán.

Nesta entrevista solicitada polo concello, foron analizados os problemas que está causar a obra de ancheamento da pista de acceso á Toxa, practicamente rematada, e que foi executada pola Consellería de Medio Rural (custo aproximado: 60.000 ?; contratista adxudicatario: Construcciones Caamaño S.L., Pontecesures).

Esta obra, comezada hai meses, consistiu no retranqueo dunha edificación para gañar máis de un metro de anchura na pista. Antes de asinarse o convenio entre as dúas administracións, o concello puxo a disposición da Consellería os terreos para que a obra se realizase e figura un documento de cesión no expediente onde consta que os particulares ceden os terreos necesarios para realizar a obra que quedarán afectos ó uso público.

Ademáis das obras previstas no proxecto da obra, o alcalde anterior, Manuel Luis Alvarez Angueira asumiu uns compromisos a maiores que debe financiar o concello con fondos propios e que superan os 18.000 ?, e que, ó parecer, formaban parte das condicións necesarias para realizar a cesión por parte dos particulares (a parede exterior elevouse 70 cms. máis da altura que tiña a edificación, instaláronse tres ventás de aluminio, arranxouse outro muro de cerre da finca que nada tiña que ver coa ampliación, etc…). Aínda que o ex alcalde non deu a cara cando se lle chamou para clarexar esta situación, o concello vai a asumir os compromisos do Sr. Alvarez Angueira e así esas obras a maiores, xa foron feitas.

Sorprendentemente, e a pesar disto, os propietarios, agora coa obra practicamente rematada, impiden que se utilice a zona ampliada e colocan uns ferros cunha cinta branquivermella polos anteriores límites da súa propiedade (a zona xa quedara totalmente expedita de materiales de obra e os vehículos pesados xa circulaban para a Toxa, algo que nunca poideran facer). Tratan de facer presión para que o concello financie máis obras no interior da súa propiedade (unha cociña, dúas habitacións, colocación dun banco de pedra no patio, construcción dun forxado, etc…)

Baixo concepto algún o concello pode permitir que a conta dos cartos de tódolos cesureños se leven a cabo actuacións en beneficio de particulares no interior das súas vivendas, e menos aún, senón se contemplan en documentos. Resulta que por una cesión de pouco máis de 20 m2 as administracións van destinar uns 80.000 ? e os propietarios agora aínda pretenden que se sigan a facer obras no seu inmoble.
A situación actual está provocando unha lóxica indignación nos veciños da Toxa que teñen dificultades para acceder ó lugar cos ferros colocados, transmitíndose una imaxe moi prexudicial de falla de interese das administracións por solucionar o problema.

Toda esta situación expúxose ó Delegado de Medio Rural, xa que o concello nada pode facer ata que se lle entregue a obra. Manifestou que nos vindeiros días presentarase na obra o director da mesma para realizar as comprobacións das unidades e emitir a certificación final. Tamén próximamente será formalizada a acta de recepción co contratista e para iso os ferros que impiden a utilización da zona de ensanche deben ser retirados definitivamente.

Este concello quere tranquilizar ós veciños, e comunicarlle que faremos todo tipo de xestións e de actuacións para que esta pista de acceso a Toxa quede co ancho previsto no proxecto da obra, con toda celeridade, e que non vai consentir, cando a obra sexa entregada a esta institución, que sexan colocado obstáculo algún no vial por parte dos propietarios do inmoble en cuestión.

Pontecesures, 20 de outubro de 2007


EL GOBIERNO DE CESURES DENUNCIA QUE UNA FAMILIA IMPIDE EL USO DE LA PARTE AMPLIADA DE LA CARRETERA.


El Concello de Cesures lleva semanas denunciando que los propietarios de una casa a la que le expropiaron cerca de 20 metros cuadrados para ampliar la carretera de acceso a Toxa, no permiten que se pueda transitar por ella. El concejal de Relaciones Institucionales, Luis Ángel Sabariz, asegura que desde que se acabaron los trabajos han instalado en la parte exterior de la vivienda unas señales que, en la práctica, impiden su uso.

En las obras, según explican desde el Concello cesureño, se invirtieron cerca de 80.000 euros, de los cuales 60.000 procedían de la Consellería de Medio Rural y el resto del gobierno local. Sabariz aclara que esta última partida municipal se debe a un compromiso que el anterior alcalde nacionalista, Luis Álvarez Angueira, firmó con la familia y por el cual se comprometía a mejorar la parte exterior del terreno por encima del que tenía la edificación, además de la instalación de tres ventanas de aluminio. El edil de Relaciones Institucionales asegura que se hicieron cargo de estos trabajos a pesar de no formaban parte del documento inicial.

La Administración local asegura que la familia le exige más obras en el interior de su vivienda para retirar la prohibición. La situación ha empezado a incomodar a los vecinos de la zona que no pueden emplear esa parte de la carretera de acceso a Toxa. Para evitar un empeoramiento, varios representantes del Concello de Pontecesures se pusieron en contacto con la Consellería de Medio Rural para que zanje el conflicto.

Certificación de los trabajos

Según Sabariz, el delegado de la consellería le prometió que en los próximos días acudiría a la obra el director de la misma para realizar comprobaciones de la situación y poder enviar una certificación final de los trabajos, que obligue a la familia a retirar los instrumentos que cortan el tráfico.

LA VOZ DE GALICIA, 27/10/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.