O luns 7 de xaneiro, festividade de San Xulián, patrón de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

-Pola mañá haberá pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Valga.

-As 12,30 h. terá lugar a Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

-? remate da misa, a Banda de Música Municipal de Valga, ofrecerá un concerto na Plazuela.

-Ás 16 horas no Pabillón Polideportivo, Xornada de Educación Vial para os máis cativos con circuito de karts.

-A partir das 19,30 horas, na Igrexa Parroquial, festival de corais coas actuacións de:

-Coral Santiago Apóstol de Redondela.

-Coral da Sociedade Cultural Padronesa.

-Coral de Berres (A Estrada).

-Coro de A Barcarola de Pontecesures.

Tamén a cantante BEA PORR?A interpretará unhas panxoliñas.


10 comentarios

cockydaponte · 2-01-2008 a las 19:26

…pois menos mal que o concello conta coa «¿cantante?» esa…por que si non…non sei onde actuaría…

hector bermudez · 2-01-2008 a las 20:42

parabens o concello pola contratación desa CANTANTE que non hai moito que foi elexida por Franco de Vita entre moitas para cantar a duo con él. Franco de Vita, Franco de Vita… agora non caio quen ese cantante… que non sei onde actuaría. feliz ano a todos

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-01-2008 a las 21:45

Non sei a que ven ese comentario despectivo e de mal gusto sobre a cantante Bea Porrúa, «cockydaponte». Non se debe opinar sen coñecer os detalles.
Mira, Bea vai cantar algunhas panxoliñas na Igrexa de xeito totalmente desinteresado (non vai cobrar nin céntimo) e non foi contratada por ninguén.
Cada un pode ter a súa opinión sobre Bea como cantante e poden gustar ou non as súas cancións. Para mín, e para moitos/as, ten unha voz extraodinaria.
Senón che gusta a cantante, «cockydaponte», e moi lexítimo expoñer as razóns (a voz, as letras, a música, etc..). O que resulta impresentable e lanzar unha mensaxe deixando entrever que non ten a onde ir, porque non é certo, e porque é unha falla de respecto sobre á nosa veciña totalmente inmerecido.

cockydaponte · 3-01-2008 a las 18:57

En primeiro lugar eu non escribin nada de que fose contratada…¡¡creo!!…a ver deixame repasar o meu comentario: «…pois menos mal que o concello conta coa ??¿cantante?? esa?por que si non?non sei onde actuaría?»
Non, non puxen nada.
En segundo lugar: ¿acaso teño que facer os MEUS comentarios segundo un guión?¿non podo decir o que queira(ou non queira)?
I en terceiro lugar eu tampouco dixen que non tivera onde ir, soamente que non sei onde «actúa». Non sei onde está a falta de respecto…
E nada máis.
Agardo que defenda asi, Sr. Sabariz, os intereses do seu pobo e de tódolos seus veciños por igual.
Un saúdo.

cockydaponte · 3-01-2008 a las 19:01

Por certo, Hector Bermudez….Si eres o Hector de Radio Valga…:
DALLE RECORDOS ? TEU VALEDOR DON MANUEL FRAGA

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-01-2008 a las 21:47

Claro que podes opinar o que queiras, «cockydaponte», e preparar os comentarios do xeito que consideres oportuno.
Tamén eu podo expoñer a miña opinión e dicir que o teu comentario sobre Bea, pareceume, cando menos, irrespectuoso.
Á hora de defender os intereses dos veciños, nunca tiven a intención de discriminar a ninguén.
Outro saúdo para tí, «cockydaponte».

DANIEL SEIJAS S.L. · 4-01-2008 a las 03:59

Bueno é falando do noso patrón,hoxe na radio falei coma sempre dos santos e atopei un artigo que escribiu Borobó FAI 50 ANOS (6 xaneiro 1958) do desaparecido xornal santiagués La Noche,que fai referencia a día 7 de xaneiro,que quixen reproducir unha parte del hoxe en Palco de Estrelas,e que aquí vos deixo

«San Xulián de Requeixo
San Xulián de Laiño…
Día sete de xaneiro
sempre chove,muidiño

Y es absolutamente cierto.Siempre llueve el día de San Julián ,y no solo po-las veigas de Campaña y os herbales de Laiño,sino también en la soleada Ponte y en el brillante San Lois,donde precisamente estarán de fiesta íntima,recogida,sin foguetes como se lamentaba Pitis el sábado,en la caricatura de Bóveda que publicó «La Noche».

Poseé el siete de enero,inmediatamente después de la fiesta de los Reyes Magos,cuando terminan las vacaciones,una melancolía impar.No solo producida por la monotonía de la lluvia tras los cristales,deliciosamente cantada por ese espíritu gemelo de Rosalía de Castro que fué Antonio Machado.

Melancolía que es más honda,que la que razonablemente sienten los escolares que retornan a clase.A esa hondísima melancolía,no hay más remedio que denominarla saudade. Y por eso nos parece el día de San Julián de Bastavales,de Laiño y de Requeixo,el día más profundamente rosaliano ; más,mucho más que el 15 de julio,en que la Cantora murió. Quizá por eso Daniel Rodríguez (castelao),eligió,hace ocho años,el siete de enero para morir. »

Como se pode comprobar e que hai cousas que non cambiaron dende aquela.Boas noites.

xiana cores · 5-01-2008 a las 02:50

Tanto tiramos a casa pola ventana nas festas de Nadal e mais no dia do patron.Pero o dia 12 e a festa de carreiras e o concello negase a botarlle unha pouca area no campo da xa que din que non teñen cartos.Que pasa a Sacapieles segue enfadada cos de esa aldea dende as eleccións.Ou e que non se pode dar un baño de multitudes e ese veciños non lle interesan.Repartamos un pouco con todos que non costa nada e non despilfarremos en certamenes de corais que xa empezan a cheirar un pouco.A verdade e que non fai nin 2 meses que houbo un.Maribel deixa de mirar o teu propio beneficio.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2008 a las 13:34

Efectivamente,»xiana cores», houbo unha petición da Comisión, para que ses botase unha zahorra compactada no campo da festa de Carreiras antes da celebración do día 12 de xaneiro. Este espazo vai ser pavimentado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro de pouco tempo e por iso se están a realizar xestións para botar un firme provisional co menor custo posibel.
Segundo as informacións que teño no certame de corais non se despilfarra. Os grupos non cobran e o Concello afronta os desprazamentos de dous grupos (de Redondela e de A Estrada) e o convite dos participantes. Outra cousa e que guste moito, pouco o nada este tipo de actos musicais. Cada un pode opinar o que queira.

sobreiras · 7-01-2008 a las 18:54

Mira, xiana cores, o ano pasado o señor Angueira tamen preparou o campo da festa de carreiras nesta semana inmediatamente anterior a festa. Os da Comisión quedaron encantados e despois votárono, que era o que a él lle interesaba. Polo tanto, ao goberno ainda lle quedan catro días para complacer á Comisión. Pero tamen recordo, que che teño boa memoria, que a Comisión de Carreiras tivera moitas reunións co alcalde anterior para conseguir un bo sitio para as festas e non lles fixo puto caso ata que chegou esa semana anterior. Primeiro poñíano a parir porque non atendía as súas peticións e despois todos amigos. Incluso algunha foi con el na lista do BNG.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.