O tren que descarrilou hoxe era o que debía saír da Estación de Pontecesures ás 7,59 horas para Vigo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Trátase dun tren R-598 (coñécense como «os patos» pola forma dos convois de cabeza e cola) e saiu de Santiago ás 7,37 horas, parou en Padrón ás 7,56, pero descarrilou a uns 25 metros da estación de Pontecesures (nin sequera chegou a cabeza ó andén).

No tren ían 29 pasaxeiros máis o interventor e o maquinista e non houbo dano algún para ninguén. Despois da consulta a todos eles, decidiron esperar dentro dos vagóns uns 50 minutos ata que foron recollidos polo seguinte tren. Esperando na estación de Pontecesures, para ir cara a Vilagarcía ou a Vigo, había unhas catro ou cinco persoas.

O tren descarrilado, sen apenas danos aparentes, permanece na zona da vía entre a Estación e o paso que vai por baixo da Estrada Nacional N-550, e o tráfico ferroviario funciona con normalidade xa que o descarrilamento afectou só a unha das vías continuando a outra expedita.

Por parte de ADIF estánse a recoller todo tipo de datos para coñecer as causas do accidente e vai ser necesaria a utilización de grúas para retirar os vagóns durante todo o día de hoxe.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

MÁS INFORMACI?N DE LA EDICI?N DIGITAL DE «LA VOZ DE GALICIA».

El tren R-538 que salió de A Coruña a las 6.50 horas en dirección a Vigo entraba a las ocho de la mañana en la estación de Pontecesures a una velocidad lenta de unos 30 km/h. Ni el maquinista ni el revisor observaron desde la cabina ningún obstáculo en la vía aunque había lluvia y la noche anterior cayó una tormenta.

El tren, con 29 pasajeros y 2 empleados, hizo un traqueteo metálico y las ruedas de la cabeza tractora se salieron del carril. El convoy quedó inclinado hacia el lado derecho de la vía pero sin peligro para los pasajeros, sin que hubiese heridos. Algunos pasajeros comentaron que dicha vía ya había dado problemas en días anteriores.

El conductor y los operarios de Adif examinaron con linternas la vía sin hallar ningun obstáculo visible por lo que, de momento, se ignoran las causas del accidente. La máquina tendrá que ser retirada con una grúa-taller.

Los pasajeros esperaron dentro del convoy durante una hora hasta que caminaron por las vías los 20 metros que los separaban del andén de la estación y fueron transbordados a otro convoy que llegaba de Santiago en dirección a Vigo, destino al que llegaron con una hora de retraso. Renfe les devolvió el 100% del importe del billete.


7 comentarios

DANIEL SEIJAS S.L. · 3-01-2008 a las 15:01

Segundo comentou hoxe no lugar do incidente un traballador da RENFE,que non lle estranaba nada o que pasará,segundo el era meter unha toleria meter eses trens «rápidos» por esas vías,»cando de cada 7 travesas unha está podre»,disque en principio poido ser accidente a existencia dunha travesa podre que debeu ceder ou afundir axudado pola humidade da chuvia.Pero estas son especulación,eu so digo o que dixeron alí.

maradona · 4-01-2008 a las 03:02

Esto, por desgracia, é o beneficio que o tren nos da os cesureños. Sigamos apostando por él.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-01-2008 a las 09:34

Non comparto ese catastrofismo, «maradona». O ferrocarril é, con moito, o medio de desprazamento máis seguro e Pontecesures non debe quedar sin este servizo. O tren de cercanías e fundamental para o futuro.

maradona · 5-01-2008 a las 03:29

si sabariz,sobre todo para ofuturo das arcas….non se sabe de quen…un saludo

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2008 a las 12:40

Evidentemente, «maradona», para potenciar os transportes públicos hai que facer investimentos con cartos públicos.

maradona · 6-01-2008 a las 04:06

sabariz, o tren sera moi importante. Colle a dez persoas da tua edade e preguntalle cantos anos fai que non vai no tren…un saudo

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-01-2008 a las 10:17

A cuestión é mellorar o servizo con maior frecuencia horaria. Estou seguro de que así as persoas de idade media quedarían convencidas de que para ir a Santiago ou a Vilagarcía e mellor ir no tren que en coche propio (ou en autobús, por exemplo). Evitas riscos de accidentes ou atascos, posibles sancións, problemas para aparcar….

Responder a maradona Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.