Excursión do Club Baloncesto Río Ulla de Pontecesures, hoxe xoves, para animar ó Extrugasa en Vilagarcía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO CLUB BALONCESTO RÍO ULLA DE PONTECESURES

Hoxe xoves 31 de xaneiro, o Club Baloncesto Rio Ulla vai organizar unha asistencia masiva dos seus integrantes ó partido de competición europea que vai disputar o equipo do Extrugasa Cortegada fronte o club israelí. En concreto pensamos acudir coa maioría cos integrantes dos equipos cadete masculino, infantil masculino e femenino, e alevíns masculino e femenino. (uns 40-50 xogadores, máis 5 adestradores), así como algúns pais que se ofreceron para acompañar ós rapaces.

Para elo, imos poñer un autobús que sairá dende as piscinas de Pontecesures ás 7 da tarde, para desprazarse a Vilagarcía. Vai facer unha parada no cruce da carretera que vai cara a Empresa Extrugasa, para coller xogadores e aficionados da zona de Campaña-Valga. ? autobús regresará ó remate do partido.

Dende aquí queremos facer un chamamento para que aquelas persoas aficionadas e que queran acudir ó encontro se sumen á nosa viaxe, para apoiar ó Extrugasa nesta histórica cita para o basket arousán e galego. Ademais do autobús algúns directivos imos levar os nosos vehículos particulares por senón chegan as prazas.

Os nenos do noso club van acudir cas camisetas de xogo patrocinadas por Extrugasa, así como con pancartas, silbatos e outros ??instrumentos? para crear ambiente no polideportivo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.