ESTA FIN DE SEMANA DE ANTROIDO O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA O PARTIDO ATRASADO DA SEMANA PASADA

Publicado por fru en

O rival é o BBC de Vilagarcía (actualmente 4º na clasificación provisional da liga), e posto que a pasada fin de semana non se opoido xogar por falta de árbitros, e nesta non había partidos, puxemos o encontro. Vaise celebrar hoxe sábado ás 17 h. no polideportivo cesureño, e é un partido clave para manter o primeiro posto da liga. Esperamos contar con público apoiando, e ca baixa segura de pedro Cachote, Peñaño que probará a xogar un rato logo de 3 semanas parado, e a dúbida de última hora de Nacho, por traballo. Bo partido para ver diante dun equipo mais xoven pero ca ilusión de ascender. 

Por outra banda, os cadetes tamén van recuperar 2 encontros atrasados. Hoxe xogaron, e perderon contra o BBC (esta máña) 36 – 62, nun partido no que chegaron ó descanso perdendo de 3 e xogando bastante ben, pero os nervios e a mala defensa propiciaron a derrota.

O luns ás 18 h. os cadetes xogan contra o Cambados en Pontecesures, para recuperar outro encontro aprazado no seu momento.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.