Tamén as piragüas do Náutico cesureño chegaron manchadas de chapapote nestes días.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Fontes do Club Náutico confirmaron hoxe que varias embarcacións apareceron impregnadas de chapapote logo dos entrenos polo río Ulla. Esta desgraciada nova está a crear problemas na planificación deportiva das actividades do club.
Por outra banda, continúan os labores de limpeza, sobre todo nas brañas do termo municipal de Dodro. A vexetación impregnada de fuel lévase ata a praia fluvial de Vilarello en Valga onde, unha vez depositada en contenedores, é retirada por camións. Precisamente en dita praia está situado o centro de operacións destas tarefas de limpeza.
Por último, dicir que foi colocado unha barreira de seguridade nas proximidades da saída do colector de Picusa, preto do Campo da Insua, por se aflora máis fuel ás augas. Tamén hai pouco foi colocada outra barreira na Bacariza (antes da ponte de Catoira) para impedir que algún chapapote continúe baixando para a ría de Arousa. Esta barreira de seguridade ten un espazo aberto para permitir o paso de embarcacións.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.