O EXTRUGASA GA?A MATEMATICAMENTE A LIGA REGULAR, Á FALTA DE 3 PARTIDOS, LOGO DE VENCER A MOTOBAZAR 41 ?? 59 NUN BO PARTIDO DOS SEUS EXTERIORES

Publicado por fru en

MOTOBAZAR MCDONALS de VILAGARCIA = 41

EXTRUGASA RIO ULLA = 59

Gulli (11), Pedrito (8), Diego (7), Victor (-), Pino (4), Pedro (-), Nacho (11), Santi (9), e Pepi (9).

Conseguiuse o primeiro obxetivo da temporada: ser campeóns da ??liga regular?, cando inda nos quedan 3 partidos por disputar. E foi na casa dun dos aspirantes a entrar no cuarto posto ( o 2º e 3 º parecen decididos para Portonovo e Cuntis), o Motobazar de Vilagarcia, que tivo as suas ausencias nesta ponte festiva.

De inicio Extrugasa se esperaba unha zona 2 ?? 3 pechada, coma así foi, e a consigna era clara: mover o balon sen apuro buscando a mellor opción. Santi anotou os 5 primeiros puntos, poñéndonos xa por diante. O Extrugasa defendeu forte en individual todo o encontro, e así colleu as primeiras diferencias no marcador (min 5: 2 ?? 11). Cun Pino moi tapado pola zona pechada local, pero moi forte no rebote, os outros 4 xogadores do Extrugasa seguia movendo o balón con bo criterio. Antes de finalizar o cuarto, 2 triplas de Gulli e Diego deixaron o marcador no fin deste 1º cuarto nun 7 ?? 19.

O 2º cuarto empezou con mais do mesmo: voltou a xogar Nacho por Pino, pero seguia moi tapado pola defensa local, e un pouco fallón, normal logo do parón practicament de todo o mes de abril. Así Gulli cunha tripla, e 2 triplas mais un contraataque de Pedrito puxeron o marcador nun 15 ?? 30 para o Extrugasa. Os cesureños baixaron un pouco nos minutos finais do cuarto para chegar ó descanso 22 ?? 32 ventaxa que poido ser maior se Gulli anota algunha tripla mais das que intentou, todo seles lanzamentos cómodos. Pero xogou 40 minutos direxindo ó equipo de defendendo por momentoa algun dos peligrosos do Motobazar.

Na reanudación o partido estabilizouse nunha diferencia arredor dos 10 puntos. Pino e Pepi foron os que anotaron neste periodo, gracias en parte a un Santi moi activo á hora de surtir de balóns interiores. De feito este cuarto empatouse a 11, polo que o marcador era 33 ?? 43.

No ultimo os locais quixeron arriscar, pero a boa defensa cesureña cortou moitos balóns, ou aseguraba o rebote defensivo, e en ataque logo de unha tripla de Gulli, e unha canasta exterior de Diego, por fin apareceu Nacho. 11 puntos consecutivos seus nos derradeiros 5 minutos supuxeron o 41 ?? 59 final.

Agora Pontecesures ten que xogar 3 partidos que lle van servir para que xogadores coma Nacho ou Peñaño dispoñan de minutos, pero sen sobrecargalos, para que collan o ritmo para o fin de semana da final a 4, e tamén para que os menos habituais xoguen mais tempo nestes partidos.


5 comentarios

Bli · 3-05-2008 a las 23:35

Parabens a este grupo de compañeiros que acaban de lograr a liga. E noraboa a fru que leva tanto tempo metido neste club e que a tanta xente ensinou a xogar ó baloncesto, e a algo mais que non é o baloncesto, que si cadra é mais importante. Felicidades a todos e agora a polo doblete, coma hai uns anos.

Feli_no · 4-05-2008 a las 01:58

Por fin!!!
Bo ano de resultados.
Bo ano sen lesións importantes( o de peñaño non é lesión, é a idade!)
Boas vibracións no vestiario( salvo cando John tira o champú).
E o máis importante… outra cea de equipo!!
A ver entón se a este gorentoso pastel se lle colga a guinda: campións da final a 4, en Cesures!!!

Saúdos.

pin_10 · 6-05-2008 a las 11:13

Boeno fruky ó final da tempada
engadiras unha folla de datos coas estatisticas de cada xogador durante toda a tempada, ¿¿non??

Parece q os rapaces novos espabilan agora ó final da tempada, mais vale tarde ca nunca.

Veña animo e haber se gañades a liga.

saudo

fru · 6-05-2008 a las 15:02

Para eso que me dis das estadísticas tería que ter un planillero «de verdade», e non o que temos hoxe en dia. podo poñer a lista de anotadores ó remate, pero o outro é mais complexo, pois faltan datos.

O de que os rapaces espabilan, pois todo é según se mire:
O rapaz de Valga está un pouco perdido nestes 2 ultimos meses ( e podia dar mais descanso ós pivots). Traballo e quitar o carné o alonxaron.
O de Caldas ponlle gañas, faltalle ter un pouquiño mais de sorte e oportunidades tamén. veremos agora nestes 3 partidos intranscendentes.
E o de Cesures está entrando algo mais na rotacion, e anotando algunha canasta, pero outras pasan a 1 metro do aro, así que ten que entrenar mais e vir menos cansado os adestramentos. Polo que, o de «andar espabilados» pode sonar a retranca pola tua parte… Os rapaces son eso, rapaces, e que aproveiten e entrenen cos veteranos que saben e dos que poden aprender moito.
A liga está gañada. Agora falta o ascenso e eso conseguese pasando a eliminatoria da final a 4. Sen eso a liga non vale nada.

pin_10 · 7-05-2008 a las 09:14

Boeno pois moita sorte nesa final a 4

Oxala gañedes e ascendades

Saudos

Responder a Bli Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.