BALONCESTO: O EQUIPO ALEVIN FEMENINO DISPUTA MA?Á A FINAL FEMENINA
ULTIMA HORA: CONFÍRMASE QUE O PARTIDO ? MA?Á NO PABELLON DO INSTITUTO DE CARRIL, CANCHA DO CORTEGADA ÁS 20 H.
Este equipo alevín femenino do C. B. Rio Ulla acaba de facer historia: lograron acabar a liga regular invictas, tras disputar os 22 partidos da sua liga iniciada en novembro pasado, encuadradas no Grupo B por sorteo, e non perder ningun dos partidos disputados.
10 rapazas de Pontecesures e concellos limitrofes, que da man do seu adestrador Antonio Pedrido se gañaron o premio de estar na final alevin femenina. Dita final dispútase mañá mercores 21 ás 20 h., contra o Arxil de Pontevedra nun campo neutral (seguramente en Vilagarcía).
Eva Gerpe Lara Raris
Laura Abal Antia Sanmarco
Raquel Diz Raquel Lafuente
Sandra Hernaiz Sonia Tarrio
Veronica Constantino Paula Pedrido
Sorte na final, e pase o que pase: ¡¡¡ NORABOA CAMPEONAS !!!
12 comentarios
Tacho 13 · 20-05-2008 a las 19:38
Gústame que as rapazas cheguen á copa,pero non desta maneira (a liga das rapazas non era equitativa coa outra).Non se debería sortear,deberían facer as ligas conforme o nivel dos equipos.
Sen ánimo de ofender,
Pablo
Nº13 do equipo masculino
Tacho 13 · 20-05-2008 a las 19:47
Non lle boto a culpa ás rapazas,pero estaría ben facer unhas probas para determinar o nivel dos equipos.
fru · 20-05-2008 a las 19:57
Querido xogador, dime unha cousa. ¿para que sirven as ligas senon para determinar o nivel de cada equipo? Por exemplo, imaxina que teu equipo hubera gañado unha serie de partidos que perderon: no Liceo, na Illa (que partido mais malo, lembras), na casa con Pontevedra, en Pontevedra).
? mellor é que este equipo non tiña mais nivel. O nivel dos xogadores son o que fan o nivel do equipo, (mais o compoñente arbitros, lesións, sorte…), pero nunha liga normalmente o posto que acada cada equipo é o que se merece. Vos fixechedes unha boa temporada por eso rematechedes nos postos de arriba.
Elas fixeron unha magnifica temporada, pensa que había xogadoras que era o seu primeiro ano que xogaban, e se acabaron impoñendo.
Os grupos se fixeron a sorteo puro, así que coma bos deportistas, deberiades de felicitar ás vosas compañeiras, e desexarlle sorte para mañá.
raevarra · 20-05-2008 a las 20:04
Querido Tacho 13, nós, o equipo femenino non temos a culpa de que nos tocara esa liga … se lle gañáramos ao Arxil, que o intentaremos, seguro que xa nos teredes mais respecto xa que así demostrariamos que non só gañaramos na nosa liga, senon que xa seriamos superiores a vós.
Asinado por: Polas tres mellizas
Tacho 13 · 20-05-2008 a las 20:09
? igual que se fan as probas para a selección,antes do comezo da temporada poderíanse facer unhas probas para,como ti dis,saber o nivel xogadores.
Firmado por:
O pistacho que caeu da árbore
raevarra · 20-05-2008 a las 20:09
Queremos dar as gracias a xente que nos apoia para o partido de mañá, eso significa moito para nós. Tamén vos pedimos que vaiades ao partido para animarnos todo o posible, como nós tamén o facemos co voso equipo.
Asinado por: as tres mellizas
po · 20-05-2008 a las 20:37
noraboa a todas as rapazas!!!
para que despois se dubide da calidad que hai na base do baloncesto cesureño…
aposto por un resultado gañador…e normal tamen polo gran entrenador.. que foi el quen de verdade me enseñou o que era o baloncesto..xunto co gran solla..
que seria de xogadores coma min, fabian, pedro, juanjo, etc sen a concepcion do baloncesto de solla e antonio…
grazas
por certo fru, xa nos faredes un sitio no fondo norte para os ultras do cesures, jaja
un saudo fru
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-05-2008 a las 20:57
Noraboa ó adestrador Antonio Pedrido polo seu gran traballo.
Todavía lembro ás verbas que, hai anos, me comentou sobre Antonio, un técnico de Vilagarcía antes de contratalo o concello de Pontecesures ( corroboradas por outra xente do mundo da canastra): «E un bo adestrador, un bo educador é unha mellor persoa». Acertou de pleno o meu amigo Nacho Rebollo.
solla · 21-05-2008 a las 09:47
Enhorabuena a todo el equipo alevín y a su entrenador Antonio. Po guardame un sitio en el fondo, bueno si Fructuoso nos lo guarda.
po · 21-05-2008 a las 15:53
hai sitio para todos… jaja
vamos encher o pavellon!!!!
fru · 21-05-2008 a las 16:26
Radio Valga a partir das 20.30 h. Atentos…
hector bermudez · 21-05-2008 a las 21:53
20-62 para o Arxil.