Baloncesto: «Final four» senior zonal en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sábado día 31 de maio ás 17:30 horas:
CAFETERÍA D. MANUEL de Cuntis-LA NOCHE BALONCESTO de Portonovo.

Sábado día 31 de maio ás 20:00 horas:
C.B. EXTRUGASA RÍO ULLA-MOTOBAZAR MC DONALDS de Vilagarcía.

Domingo día 1 de xuño, ás 18:30 horas:
GRAN FINAL cos gañadores das semifinais.

Organiza o C.B. Río Ulla e colabora o Concello de Pontecesures, o Concello de Valga, a Dirección Xeral para o Deporte e a empresa Extrugasa.


6 comentarios

hector bermudez · 29-05-2008 a las 16:31

Que tal o rival? teremos opcións?

fru · 29-05-2008 a las 16:55

O Motobazar Mc Donals de Vilagarcia é un equipo con xente veterana, de feito coñecemonos de xogar contra eles nestes ultimos 5-6 anos unhas cuantas veces. Este ano, por motivos laborais pasalle ó que amoitos equipos: dificultades para adestrar todos xuntos, e incluso ausencias dexogadores ós partidos.
Xoga de base Alberto Blanco (o 7). un clasico do basket de arousa: Lento, pero dirixe e fai xogar ós compañeiros.
Logo ten un escolta rápido no contrataque: Carlos Paz, o 13. Tamén xoga nesas posicións Trigo, (10) outro veterano do equipo. De aleiros ten a Jordi (4), con bo tiro. Os pivots(8, 12, 14) tamen teñen boa man alonxados do aro.
Gañámoslle ben ambos partidos da liga: na casa en decembro por 20 puntos, e alá hai 1 mes por 18, pero tiñan ausencias.

As claves: Boa defensa nosa, non deixarlle correr contrataque se erramos nos tiros; que cheguen balóns adentro para Nacho Santi e Pino; e que equipo estea mais acertado nos tiros de 3 puntos.

Sen dúbida ambas semifinais van estar bonitas, pois na outra Cuntis e Portonovo son 2 bos equipos. A priori non dou un favorito claro, inda que logo gañe outro por 20 de diferencia.
Un campeonato a 1 partido ten un punto de incertidume co que hai que contar.

Agradecerche o comentario Hector, e que nos retransmitas o partido.

Tuso · 29-05-2008 a las 19:01

Motobazar Mc Donalds? Ten algo que ver ca famosa cadea de comida? Se é así vaia mezcla co do motobazar 😉

fru · 30-05-2008 a las 00:17

Pois si, Tuso. Este equipo ten 2 patrocinadores dende hai anos: unha tenda de motos e bicis; e a cadea de comida, digamos, non moi apropiada para deportistas 😉 pero o que manda é o ???

fru · 30-05-2008 a las 00:20

Por certo, o equipo adestrou esta tarde noite e temos a todos en condicións para sábado. Ate vai chegar o francés «feli-pe» a tempo de participar neste remate de liga. Esperemos que se acordara de traer o tinto típico de «Burdeos», e non nos pretenda dar D. Simón en botella de pega.
mañá acabaremos de montar o polideportivo. Ata imos ter un pequeno posto de bebidas e chucherias, para que quen se anime a pasar esta tarde de bo basket en Cesures teña algo para levarse á boca.

Tuso · 30-05-2008 a las 18:07

Graciñas pola aclaración do do McDonalds.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.