«Se nos quitan a parada de Cesures xa non poderei ir a traballar en tren».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

a29c5f1.jpg

María del Pilar Romero. Usuaria cesureña de Renfe

María del Pilar Romero traballa desde hai tres anos en Santiago e depende do tren para poder cumprir co seu horario laboral de luns a venres. Retornada de Suiza hai 9 anos, defende un transporte público de calidade e ve na prevista supresión de paradas como a de Cesures un paso atrás que concellos e Xunta deben evitar.
-¿?lle cómodo viaxar en tren?
-Para min si. Mellor co bus. Cando hai folga teño que coller o Castromil, e tardo máis en chegar a Santiago.
-¿Como evolucionou o servizo de Renfe nestes tres anos que o leva usando?
-Moito cambio non houbo. Se acaso en negativo. O ano pasado adiantaron o tren que saía ás 13.30 de Santiago a Cesures ás 13.08. Só cambian o que lles dá a gana, sen mirar para o usuario. ¿Quen lles dá de comer? Co AVE ¿a onde imos ter que coller o tren, a Vilagarcía ou Dodro? Teñen que poñer o cercanías. Os alcaldes teñen que facer máis forza. E a Xunta, sobre todo. Había que terlle metido man a isto hai moito tempo.
-¿Seguirá empregando o tren trala supresión da parada de Pontecesures?
-Non poderei. Terei que ir en bus ou mercar un coche. Pero Santiago é unha cidade moi mala para aparcar, e se tes que pagar por riba o párking… A nivel de transportes Santiago ten de capital de Galicia o nome. A Galicia fáltalle moito para poñerse ao nivel do centro de Europa.
-¿Cre que con máis frecuencias habería máis xente que collese o tren?
-Seguro que si. Pola mañá só temos trens con dirección a Santiago ás 7.10, ás 8.30, ás 10.30 e ás 14.15. Se houbese máis frecuencias, xa só para ir a Padrón, habería moita máis xente que collería o tren.

LA VOZ DE GALICIA, 29/06/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.