Pousa Antelo recibiu un novo premio na comarca de Sarria.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

pousa.jpg

Pousa Antelo recibiu o Ramón Piñeiro Facer País, que conceden as asociacións culturais da comarca de Sarria
Avelino Pousa Antelo recibiu onte o premio Ramón Piñeiro Facer País, organizado pola asociación Val de Láncara e que elixen as asociacións culturais da comarca de Sarria.
Estaba previsto que o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, fixese a loanza do galardoado, pero non puido acudir e o seu discurso foi lido polo académico Víctor Freixanes. Na súa intervención, cualificou ao homenaxeado como un home con «vocación de maxisterio, interese pola agricultura e paixón polo galeguismo». Tamén lembrou o discurso de Castelao en 1931 que, como recoñeceu Pousa Antelo, o levou a converterse ao galeguismo.
Unha vez recibido o galardón (unha escultura da Escola de Arte Superior Ramón Falcón, de Lugo), Avelino Pousa Antelo agradeceuno e fixo un repaso polos seus desencontros con Ramón Piñeiro, salientando un congreso do Partido Galeguista en Poio ao que invitaron ao político lucense. «Chegou nun ton provocativo e houbo insultos, o que provocou unha situación molesta», lembrou Pousa. Tamén dixo que ambos estaban no mesmo barco, «servir a Galicia», aínda que emprenderon diferentes rutas e a el, afirmou o homenaxeado, marxinárono.
O acto tamén serviu para que o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, anunciase que o Día das Letras do 2009, dedicadas a Ramón Piñeiro, se celebrará en Láncara, no lugar onde onte se entregou o premio. Será un acto «solemne e popular», sinalou Barreiro.

LA VOZ DE GALICIA, 19/10/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.