O 9 de novembro o Concello de Pontecesures asina o convenio coa Deputación para a dotación de alumeado nas rúas centrais.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Xefa de Negociado da Secretaría Particular do Presidente da Deputación de Pontevedra, ven de comunicar ó Concello de Pontecesures, que o martes día 9 de novembro, ás 11:00 horas, asínase na Sala de Prensa da institución provincial o convenio por parte do Presidente, Rafael Louzán, acompañado polo Vicepresidente, Juan José Durán, e a alcaldesa de Pontecesures, María Isabel Castro, para a dotación deste alumeado.
O texto do convenio foi aprobado polo pleno de Pontecesures, e pola xunta de goberno da Deputación hai poucos días.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.