BALONCESTO: O NENO JOSE CARLOS GARCIA CONVOCADO POLA SELECCION GALEGA INFANTIL «PROMESAS» PARA DISPUTAR UN TORNEO NESTA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

Chegou esta boa nova para o club estes pasados dias: Os seleccionadores galegos incluiron na súa convocatoria ó xogador do noso club, para disputar o «Torneo das Linguas do Camiño» que se celebrará en Lugo, do 6 ó 8 de decembro.

A selección galega «promesas» está formada polos rapaces infantís de 1º ano, os nados en 1996. O nome do equipo é o de «caixa Galicia CETI 96».  E un torneo para ir vendo posibles xogadores que non están agora mesmo na selección galega infantil, pero que poden ser chamados en calquera momento. De entrada este sábado, as 10 da mañán Jose Carlos ten que presentarse nun hotel de Lugo para formar parte desta selección. Outro logro mais na súa traxectoria deportiva, pois xa leva xa un par de anos indo os campionatos de seleccións zonais, para agora dar o salto á seleccion galega.

A este éxito únese o de ter gañado en xullo pasado unha beca para ir ó Campus de Unicaja de Malaga en xullo de 2009.

Sorte nestes dias, que o disfrutes, e seguiremos con atención as novas que chegan dende Lugo esta fin de semana.

A federación galega colgou esta tarde o seguinte enlace na súa web respecto deste torneo:

http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=1186&a-federacion-galega-de-baloncesto-colabora-e-participa-no-torneo-internacional-linguas-do-camino


2 comentarios

Cara de cona · 5-12-2008 a las 19:46

Penso que este rapaz e fillo da cuñadisima do Saba…non o acusarán de meter o sobriño na federación co baloncesto?…como anduvo por alí de directivo igual din que o enchufou….en cesures pode pasar calquera cousa…como oiga algo por ai arturo o da nestlé nun bar…xa estás jodido Saba..botate a temblar…jo…jo…jo…

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-12-2008 a las 14:43

Deixa ó rapaz tranquilo, «Cara de cona», e desexemos que disfrute con ilusión desta boa nova. Non discurras tanto. Só faltaba agora, que me relacionaran a min con decisións deportivas que nin sei quen toma.
Ogallá o meu sobriño teña moitos éxitos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.