Acondicionan a rotonda da Tarroeira na N-550.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A empresa de xardinería Laxes Forestal de Tomiño, por encargo do Servizo de Estradas do Estado de Pontevedra do Ministerio de Fomento, acomete nestes días o acondicionamento desta rotonda (a de «Chanteclair») na estrada nacional entre Pontecesures e Valga.
En concreto foron prantados cipreses (na zona máis próxima ao báculo do alumeado público) e outras prantas con flor sobre o céspede que se está a preparar.
Esta previsto que os traballos rematen mañá e agradécese esta actuación que mellora a estética desta entrada e saída a Pontecesures dende a estrada nacional.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.