David Meca chegará a Pontecesures entre ás 17:30 e ás 18:00 horas do 5 de xaneiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Segundo fontes da organización do evento, David Meca lanzárase ao auga sobre ás 13 horas na Escola de Tecnificación de Vela de Vilagarcía, logo de ter unha recepción ás 12:00 coas autoridades.
A travesía a nado, que ten por obxectivo publicitar o Xacobeo 2010, concluirá en Pontecesures entre as 17:30 e as 18 horas. A chegada será no pantalán do peirao situado fronte á piscina municipal.
O Concello de Pontecesures fai un chamamento aos veciños de toda a comarca para que asistan a arroupar e aplaudir a este auténtico «tragamillas» do nado nos derradeiros metros desta travesía que ten uns 20 quilómetros.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.