Todo preparado para o reto de David Meca.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O gran nadador de fondo estivo a facer hoxe uns adestramentos nas augas da ría de Arousa onde comprobou a fría temperatura das augas (uns 9 graos). O remonte a nado de mañá, 5 de xaneiro, está a espertar unha gran expectación, e serán moitos os medios de comunicación que cubrirán esta travesía de 22 quilómetros. A comitiva que acompañará a Meca será numerosa, con cinco embarcacións e bastantes piragüistas. Practicamente unha cabalgata moi vistosa polo río Ulla con sirenas anunciando o paso do deportista.
Entre ás 17:30 e ás 18:00 está prevista a chegada do nadador ao pantalán do peirao de Pontecesures. Pero dependendo das condicións climatóloxicas e chegada pode ser antes ou despois.
Faise fincapé en que a travesía non é unha excursión, senón un difícil reto, sobre todo pola baixa temperatura das augas nesta época do ano.
Compre dicir tamén que o nadador de conquerir superar a proba, vai estar pouco tempo en Pontecesures, xa que polo esforzo e polo frío necesitará trasladarse con rapidez nun vehículo ao hotel para á súa recuperación.
O Concello de Pontecesures de novo fai un chamamento aos veciños de toda a comarca para recibir e ovacionar ao campión. Pode ser un fito histórico que quedará na retina dos asistentes.


3 comentarios

yop · 4-01-2010 a las 23:30

Chega ao pantalán de Pontecesures ou ao de Padrón? porque os xornais sempre se equivocan nestas cousas….

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2010 a las 00:03

Segundo o organización, chega ao de Pontecesures.

yop · 5-01-2010 a las 01:37

Ok, grazas

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.