Estatísticas da Biblioteca Municipal de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Durante 2009 na Bibloteca Municipal de Pontecesures, situada na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó», e que celebrou nese ano o seu XXV aniversario, foron prestados 721 libros (447 para adultos e 274 infantís), 23 documentos sonoros e 161 audivisuais.

A través da páxina web www.opacmeiga.rbgalicia.org, houbo, en 2009, 3.262 consultas sobre a biblioteca de Pontecesures onde se obtén información sobre todo o que interesa da nosa biblioteca como horarios, fondos, anuncios culturais, notas de prensa comarcais, enciclopedias ou revistas electrónicas, trámites para renovar o carnet de socio, etc…

Dende que se realizan as comprobacións directamente na instalación o 11 de marzo de 2009, ata o 31 de decembro do mesmo ano, houbo 3.469 sesións de acceso aos ordenadores con que contamos na biblioteca.

Por último queremos salientar que en 2009 foron adquiridos para a biblioteca 468 libros e folletos, 81 publicación periódicas, 3 documentos sonoros, 35 audivisuais e 5 electrónicos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.