O domingo, 18 de abril, acto de homenaxe a todos os ex alcaldes de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ás 12 do mediodía do domingo 18 de abril, terá lugar un homenaxe aos 15 alcaldes que tivo o Concello de Pontecesures dende a súa constitución en 1.925. Serán expostas na Casa do Concello as fotografías de 14 deles (non foi posible obter a fotografía dun) cando se cumpren 85 anos de Pontecesures como concello. Será un acto entrañable presidido por Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra e asistirán varios familiares dos que foron alcaldes. Os familiares estarán tamén presentes na comida oficial da Festa da Lamprea que se celebrará ese día.


1 comentario

Tiroliro II · 10-04-2010 a las 12:12

Sabariz elegante, hasta pon na entrada a foto de angueira, para que logo digan, volverá a presentanse o veciño de Taragoña?, veremos, como randulfe xa anda decindo por aí que vai, pero no bloque tamén queren eliminalo da cabeza da lista, claro que, e quen vai?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.