O Concello de Pontecesures programa teatro, títeres e un espectáculo con acordeóns para os meses de verán.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno local de Pontecesures anuncia as actuacións que teremos neste verán de 2011 e que son subvencionadas ao 60% pola Consellería de Cultura e Turismo, dentro do program «Galescena»

Venres 1 de xullo, as 21 h. na Prazuela: espectáculo de Acordeóns «Fernando Fraga Acordeons». No día de comezo das Festas do Carme na localidade teremos está interesante actuación de acordeóns, uns instrumento con moitos seguidores nesta zona.

Venres 29 de xullo no parque de Carreiras, títeres Cascanueces, ca obra «O ferreiro e o diaño». Volve o goberno local a programar un acto en Carreiras para levar este tipo de actos culturais a lugares alonxados do centro da vila.

Venres 12 de agosto, na praza dos Valeiros en Porto, Beart teatro, coa obra de títeres «O soño do rato». Con este acto darán comezo as festas do San Roque de Porto 2011.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.