O Concello de Pontecesures presentou diante da Consellería de Traballo e Benestar o Proxecto anual dos Servizos Sociais Comunitarios cun orzamento total de 277.506,66 �.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Pontecesures solicítalle  89.279,68� á Consellería e mantén o gasto social

A Consellería comunicou ao Concello que en 2012 só prorroga o financiamento da praza de traballadora social no concepto de persoal e do correspondente á Axuda no Fogar para Dependentes  por ter menos de 20.000 habitantes.

A Programación Anual dos Servizos Sociais Comunitarios presentada para o seu financiamento ten un orzamento total, incluídas outras achegas autonómicas, de 277.993,66� e inclúe, segundo o disposto nos artigos 9 e 26 do Decreto 99/2012 os seguintes programas e servizos básicos e específicos:

A) Básicos:

a) Programa de valoración, orientación e información (sen custe específico)

b) Servizo de axuda no fogar (SAF)nas modalidades de Prestación Básica (Libre Concorrencia) e Atención á Dependencia (42.506,00�)

c) Programa básico de inserción social:

– Campamentos de verán para menores (272,00â?¬)

– Axudas municipais de emerxencia social (3.000,00â?¬)

d) Programa de fomento da cooperación e solidariedade social:

– Programa de Alimentos en cooperación coa Fundación Amigos de Galicia e a Cruz Vermella Pontevedra (1.500,00â?¬)

– Acollemento familiar de menores saharauís en colaboración coa asociación Solidariedade co Pobo Saharauí (1.780,00â?¬)

– Cooperación ao Desenvolvemento a través do Fondo Galego de Cooperación (375,00â?¬)

En canto á prestación básica do Servizo de educación e apoio familiar, inclúese, xa que o  mesmo se prestou durante o primeiro trimestre do ano (3.236,40�)

B) Específicos:

a) De atención da primeira infancia en centros e instalacións que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar:

Escola Infantil Municipal 0 a 3 (163.000,00â?¬)

b) De xestión de programas enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión:

Proxecto de educación básica de persoas adultas (17.700,00�)

c) De atención de persoas maiores en equipamentos e servizos que faciliten a súa socia­lización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal:

Proxecto de termalismo Lúdico (1.342,00�)

d) De asesoramento, atención e orientación prestada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade:

Proxecto de promoción da Igualdade de Oportunidades ente Mulleres e Homes e Prevención da violencia de xénero (11.600,00�)

Así mesmo a Programación inclúe os conceptos de Mantemento e  Traballadora Social (Persoal).

Pontecesures solicita financiamento polo importe de 89.279,68â?¬, co seguinte detalle:

– Persoal: 16.639,88â?¬

– Mantemento: 200,00â?¬

– Axuda no fogar:

o Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 8.800,00�

o Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 22.639,80â?¬

– Xestión de programas: 41.000,00â?¬

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.