Demórase a autorización para consultar o expediente do toldo da Praza de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado 6 de agosto, o alcalde de Pontecesures, Álvarez Angueira, decretou a paralización da obra de instalación de postes na praza dos Valeiros de Porto por parte dun establecemento de hostalería por non contar con licenza municipal, logo de interesarse a oposición no pleno do 30 de xullo por estes feitos
.
Non se respectou a paralización, e o sábado 11 de agosto rematou a colocación do toldo, e xa no seu día consideramos este decreto un mero paripé da primeira autoridade local.

Pois ben; co toldo xa colocado, o alcalde, con data 17/08/12 reiterou por decreto a suspensión inmediata das obras, ante os informes da policia local, dicindo que senón se respectaba este novo decreto precintará as obras e os elementos auxiliares da actividade, apercibindo ademais que se hai incumprimento dará conta dos feitos ao Ministerio Fiscal.

Outro papel mollado, vemos que o alcalde volve con paripés para a galería. Reiterou unha paralización coa obra terminada e coa terraza do establecemento en plena actividade
.
Con data 03/09/12 solicitou este concelleiro autorización para consultar o expediente de restablecemento da legalidade urbanística pois da toda a impresión de que se pretende que se vaia esquecendo a ocupación e que a instalación quede alí fixa para sempre.

Transcorreu o prazo de cinco días, logo da solicitude, que fixa o normativa para que os concelleiros poidamos consultar o expediente exercitando as tarefas de fiscalización e control e a autorización da alcaldía non chega. Pisotéanse así os dereitos dos concelleiros e dase a imaxe de obscurantismo de sempre.

Non estamos de acordo con que nunha praza cun cruceiro monumental sexa colocado un toldo dende a fachada do establecemento ata o bordillo (con apoios metálicos fixados ao chan case no propio bordillo) da ampla beirarrúa obrigando aos veciños a pasar polo dominio público entre as mesas e cadeiras e/ou baixo un toldo.

Pero e que ademais o asunto estase a tratar dun xeito totalmente indebido por parte do goberno local diante dos veciños de Porto. Independentemente da falla de licenza e da tramitación urbanística que corresponda, co informe preceptivo de Patrimonio da Xunta, hai unha ocupación, para nós, totalmente abusiva e o concello ten a total competencia para recuperar o dominio público ocupado de feito fulminante e inmediato. A cuestión non é ter licenza ou non contar con ela dende o punto de vista urbanístico, a cuestión é que o goberno local non debe autorizar que se ocupe todo o ancho dunha ampla beirarrúa con elementos fixos. Seguindo esta pasividade do goberno local, mañá instalan postes fixos e un toldo no medio de A Plazuela e en lugar de ordenar a retirada inmediata defendendo o dominio póblico e o paso e disfrute dos veciños, nos liamos con aspectos de licenzas urbanísticas e de Patrimonio. A normativa de bens das corporacións locais debe aplicarse con toda celeridade.¿A quen queren enganar?.

En fin; hai que continuar insistindo dende a oposición para defender os dereitos dos veciños. As críticas son un clamor tanto en Porto como no resto do municipio pola permisividade do goberno local neste tema e iso motiva que ditos veciños non confíen nos seus representantes no concello.

Pontecesures, 10/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


4 comentarios

la_hormiguilla · 11-09-2012 a las 11:45

De verdade que me parece incrible!!! Pero benvidos á realidade que pasamos xa moitos antes, denunciando obras que o concello sigueu deixando facer e agora «non podemos facer nada». Pero cando van a quitarlle os putos postes dunha vez?????? Si quere toldo que o poña por riba como todo o mundo, ou é especial esa persoa (á que non coñezo, por certo)?????? E que estou tan asqueada do concello, da Tarela, do Angueira e do Souto, e de algún máis con oficiña alí…..que podía vir un raio nunha noite de treboada e partilos a todos xuntos. Vas a reclamar algo e fanche máis caso as portas que eles. E Sabariz, olvídate do Cruceiro, é que parece que si non houbera Cruceiro o mal non sería igual, e a min paréceme absolutamente o mesmo. NON PODE FACER UN PECHADO POR COLL?NS PARA O SEU BENEFICIO EXCLUSIVO!!!!!!!!!!!!!!!!1

    Caminante · 11-09-2012 a las 17:41

    «vir un raio nunha noite de treboada e partilos a todos xuntos»…

    Pódese criticar, debater, discrepar todo nesta vida… pero con argumentos… ás veces mellores, ás veces peores. O señor Sabariz, por exemplo, fai unha (para min) excelente exposición dos feitos na entrada da nova. Nada que dicir e moito menos que rebater, polo menos pola miña parte.
    Agora ben, este primeiro comentario en xeral e a frase anterior en particular é lamentable, di moi pouco o case que nada do seu autor e sobre todo, da súa capacidade para o dialogo.
    Señor moderador, este comentario creo que nunca debeu de pasar a ser visible. Simplemente é unha observación.

      la_hormiguilla · 12-09-2012 a las 10:42

      Haaaaala!!! Pois non teño eu leido peores comentarios nesta páxina duns contra os outros. Acaso hai que tomar todo ó pé da letra??? Non é nin máis nin menos que unha expresión para decir que me importan todos un «huevo». Nunca che dixeron «que te parta un raio??» Pero bueno, como hay persoas moi susceptibles coma Caminante, si hai alguén que se sinteu ofendido pido disculpas pola expresión. Cambioa polo famoso «que se jodan!!!!» da diputada Andrea Fabra. Colega súa de politiqueos. Supoño que esta é máis correcta. Pero Caminante, espero que nunca te vexas desamparado coma me sinto eu neste concello. Querendo facer todo pola Ley e ver que os que non esperan acaban sempre mellor que os que non nos saimos do camiño. Pero sabes??? Pensandoo ben, o hosteleiro obrou sa mellor maneira posibel. Facendo o que lle dou a gana e tendo o que quería. Se espera por permisos e fangainas danlle máis voltas ca un mono e nunca acabaría. Agora que se mova o Concello si quere. Olé! polo do Choco.

Becquer II · 13-09-2012 a las 19:14

El gobierno disimula
pero se observa la afrenta
y todo Porto comenta
¡el del Choco tiene bula!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.