Aprobación do Plan de Investimentos e Gastos Correntes para o ano 2012

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

A Xunta de Goberno local aprobou no día de onte, venres 26 de outubro de 2012, o Plan de Investimentos e Gastos Corrientes para o ano 2012 da Deputación de Pontevedra por unha cuantía de 156.651,27 �.

O 30% desta cuantía, 46.989,32� destínase a pagar Gastos Correntes.

O restante destinase as seguintes inversións:

1) Actuación de Aforro enerxético en edificios municipais por unha cuantía de 59.160,47�.

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de Aforro enerxético en distintos edificios de titularidade municipal (campo de futbol, biblioteca, escola taller, clube náutico, praza de abastos, pavillón de deportes, protección civil, casa do concello, centro social, local xuvenil e ximnasio, luces exteriores e edificio administrativo do Colexio.)

A actuación prevista consistirá na substitución dun importante número de elementos da iluminación existente en distintos edificios municipais, cambiando as lámpadas incandescentes, de haloxenuros e os tubos fluorescentes por lámpadas e tubos led de baixo consumo. O aforro estimado con esta actuación e dun 75-80%.

O equipo de goberno pretende utilizar este aforro en investimentos no ano 2013.

2) Actuación de reparación e mellora na rede de saneamento por un importe de 24.066,59�

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha obra consistente en diversa actuacións de reparación e mellora de elementos da rede de saneamento pública do concello. A obras previstas realizaranse en diversos puntos da rede de saneamento, en concreto:

A)    EDAR Pontecesures

  • reparación de 3 bombas
  • reparación do peine de desbaste
  • substitución electrodo de PH
  • sustitución sonda de medición de osíxeno
  • bomba de recirculación de fango

B)    Bombeo en Pontilliña

  • Limpeza arenero e pozo
  • Reparación do cadro eléctrico
  • Sustitución de 3 equipos de bombeo

C)    Bombeo en Calera

  • substitución de 2 equipos de bombeo
  • limpeza de pozos

D)    San Xulián

  • limpeza de pozos

 

3) Acondicionamento da praza no Camiño dos Acevedos por un importe de 26.428,23�

As obras previstas consistirán, por unha banda, na ampliación da zona de xogos, a costa de reducir a zona pavimentada en lastros, na supresión dun dos alcorques, na recolocación de dous dos bancos existentes e a formación dun novo alcorque de dimensións máis pequenas que o que se suprime.

Por outra banda, prevese instalar na zona de nenos 3 xogos infantís (un columpio dobre e dous balancíns sinxelos), un valo perimetral de madeira, un cartel informativo e un chan de area grosa con capacidade absorvente.

 

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.