MA?Á SABADO O CB RIO ULLA REALIZA UNHA VIAXE PARA 100 PERSOAS A PRESENCIAR EN SANTIAGO O ENCONTRO DA ACB ENTRE O OBRADOIRO E O MURCIA

Publicado por fru en

 

Uns 100 membros do CB Rio Ulla de Pontecesures, van a acudir a apoiar ó Obradoiro neste importante encontro contra o Murcia. Integrantes dos 9 equipos federados + nenos/as da escola de baloncesto de 6 e 7 anos, xunto con familiares e directivos/as do club ocuparán os asentos na «zona Monbus» que o Obradoiro pon a disposición de clubs deportivos e colexios de Santiago e comarca esta temporada.

Pero ademais, no descanso do partido o equipo infantil feminino, adestradas por Noelia saltarán á cancha de Sar a disputar o clásico partidillo que se celebra en cada partido ACB do Obra este ano. Premio para estas rapazas pola sua entrega e esforzo como xogadoras na cancha nestes últimos anos, e coma compañeiras e amigas entre elas fora da pista.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.