CONTESTACI?N DA CONCELLEIRA CECILIA TARELA (CONCELLO DE PONTECESURES) SOBRE AS ACUSACI?NS DOS GRUPOS PP, IP E ACP CON RESPECTO A EIM (GARDERIA MUNICIPAL).

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Este fin de semana publicáronse nun medio de comunicación unhas graves acusacións sobre a miña persoa.

Eu Cecilia Tarela Barreiro fun chamada como testemuña a dúas vistas na audiencia de Pontevedra pola non subrogación do coordinador e mais da directora da anterior concesionaria da EIM. Nestes dous xuicios declarei e contestei a todas as preguntas que alí se me formularon. Unha destas cuestións, que foi a que causa todas estas acusacións,  é si eu chamaba o coordinador do centro Juan Alvarez pedíndolle que puxera como directoras a Yolanda Jamardo ou a Magdalena García. A miña resposta a esta pregunta que me foi formulada en varias ocasións foi sempre a mesma: ESTA AFIRMACI?N ? MENTIRA. E así o terá que recoller a acta do xulgado. Acta que ademaís xa foi solicitada por mín nos xulgados do social de Pontevedra.

Este domingo (16/03/2014) sae publicada nos medios de comunicación unha nova dos tres grupos da oposición do Concello de Pontecesures PP, IP e ACP onde me piden explicacións públicamente.

O que vou a explicar e que todas as respostas sobre este tema xa as din baixo xuramento onde as tiña que dar que era no xulgado negando por activa e pasiva estes feitos.

Polo cal eu pídolle os membros da oposición que si teñen probas destas acusacións,  que publicaron neste medio, que as fagan públicas e, se é o caso, que as denuncien e darei as miñas explicacións no xulgado.

Se non teñen ningunha proba sobre as acusacións que sobre min estan recaendo serei eu a que teña que tomar as medidas pertinentes sobre este tema.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.