CONVOCATORIA DO CONCELLO DE PONTECESURES: XUNTANZA INFORMATIVA AOS VECI?OS SOBRE A VARIANTE DA N.550

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Alternativa fot1

 

Convocase a todos os veciños/as a unha reunión informativa que terá lugar na Casa do Concello o vindeiro xoves día 22 do actual mes de xaneiro, ás 20,30 horas, en relación co Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre Resolución do Ministerio de Fomento de APROBACI?N PROVISIONAL DO ESTUDO INFORMATIVO: ??CN-550. Variante de Padrón, Pontecesures y Valga. Clave EI2-PO-0023. Provincias de Pontevedra y A Coruña? (publicado no BOE de data 30/12/2014), onde o Ministerio recomenda e selecciona a denominada ??Alternativa 4?.

Esta alternativaxa foi rexeitada de forma unánime por todos os grupos políticos que compoñen o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o pasado 9 de xaneiro de 2015, pois prexudicaría gravemente aos veciños/as e ao pobo en xeral.

Informarase sobre a situación actual e sobre as outras alternativas que propón o concello.

Na devandita reunión estará presente unha letrada e un técnico para explicar e clarexar as cuestións xurídicas e técnicas que se formulen.

Ademais facilitarase aos que así o soliciten, un modelo tipo de alegación.

Espérase e agradécese a asistencia do maior número de persoas posible.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.