TAPEALAMPREA 2016 PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

tapea lamprea2016cartelbx

2ª Ruta de tapas de lamprea polos establecementos hostaleiros de Pontecesures.

O prezo da tapa é de 2 ?. Os clientes teñen a súa disposción, nos diferentes locais, unha cartilla na que poden selar os establecementos nos que degustaran a tapa, e votar cal é a súa tapa preferida.

A partir de 3 selos, poden depositar a cartilla nas urnas dispostas en cada un dos establecementos, e participar no sorteo de tres cheques-regalo por valor de 50, 30 e 20 euros, a empregar no comecio de Pontecesures.

HORARIO: Venres 4 de marzo de 19.00 a 23.00 horas. Sábado 5 e Domingo 6 de marzo de 12.00 a 15.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas.

PREZO DA TAPA: 2 ?

Este ano, como novidade, deseñouse una aplicación informática para que dende os smartphones e outros dispositivos dixitais se poida acceder para saber a ubicación dos locais, fotografías e descricións das tapas?etc. Simplemente con ter instalado no smartphone un lector de códigos QR pódese acceder á app ??Quedamos de Tapas?. O Tapealamprea estará activo nesta app a partir do 4 de marzo.

No seguinte enlace pódese descargar a cartilla onde aparecen o listado de establecementos hostaleiros que participan e o nome das tapas que van a servir:

Cartilla Tapealamprea 2016


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.