CURSO DE GRAFFITI EN PONTECESURES: 3ª CONVOCATORIA.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

CARTEL 3 GRAFFITI

Infórmase que o curso de GRAFFITI que se ía levar a cabo en Pontecesures, ao abeiro do programa DEPO R?ARTE 2016 da Deputación de Pontevedra, e que estaba previsto do 1 ata o 11 de agosto (1ª convocatoria) e do 8 ata o 19 de agosto (2ª convocatoria); queda posposto por non reunir o número mínimo de inscritos.

Así mesmo, convócase unha 3ª, e última convocatoria:

DATAS DE REALIZACI?N: Do luns 22 de agosto ata o xoves 1 de setembro.

HORARIO: De 11.00 a 14.00 horas (de luns a venres).

LUGAR: Local anexo ao Pavillón Polideportivo.

Recórdase a tódolos interesados que aínda que este programa está dirixido a persoas de 14 a 30 anos, se hai prazas dispoñibles ??como é o caso- pódense anotar persoas dende 12 anos e tamén maiores de 30 anos.

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI, xustificante de empadroamento e autorización de participación (menores de 18 anos). O novo prazo de inscrición estará aberto ata o  12 de agosto.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.