• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sin Categoria / O NOSO SON: OBRADOIRO DE BAILES E CANCIÓNS DE SEMPRE E DE AGORA (PROGRAMA «TECENDO LAZOS» DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

O NOSO SON: OBRADOIRO DE BAILES E CANCIÓNS DE SEMPRE E DE AGORA (PROGRAMA «TECENDO LAZOS» DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

22-10-2019 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Informase ás veciñas e veciños que o Concello de Pontecesures se adheríu ao Programa Tecendo Lazos 2019 da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver no mese de decembro o obradoiro interxeneracional: “O NOSO SON: OBRADOIRO DE BAILES E CANCIÓNS DE SEMPRE E DE AGORA”. Neste obradoiro as familias compartirán  os bailes e as cancións típicas da zona, traéndoas á actualidade.

O obradoiro desenvolverase no mes de decembro de 2019, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Os días 23, 24, 26, 27 e 30 de decembro de 11.00  a 14.00 horas, no CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES (o luns 30 -de 10.00 a 14.00 horas-).

As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures.

Persoas beneficiarias e requisitos:

O obradoiro ten como destinatarias as familias de Pontecesures.

No programa poden participar persoas de 6 ata 99 anos, terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…).

As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.

As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 12 anos non acompañados.

Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.

Documentación:

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

— Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)

— Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 12 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros).

— Volante de empadroamento.

Prazo de inscrición:                        Dende o 1 ata 30 de novembro de 2019  incluído

Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse á OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) ou na web http://www.pontecesures.org

 SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN TECENDO LAZOS 2019 PONTECESURES
 AUTORIZACIÓN 12-17 ANOS TECENDO LAZOS 2019 PONTECESURES

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Concello, horarios, obradoiro, Pontecesures, Pontevedra

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Finou Ilda Penedo Gaspar.
  • Datos COVID de hoxe domingo.
  • La iluminación de la rotonda de «A Tarroeira» en la N-550 continúa inoperativa.
  • El COVID en Ulla/Umia.
  • Número de infectados COVID (datos deste sábado).

Comentarios recientes

  • Agustín iglesias crespo en Treinta años entre Pontecesures y Angola.
  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Historia Catoira Vigo valga obras Diario de Arousa pp pleno faro de vigo Campaña ACP sabariz n-550 Caldas santiago fin de semana tripartito sábado Ulla plaza festa padrón Vilagarcía a ponte tren fiesta protección civil Pontecesures xunta Porto Pontevedra correo gallego río ulla concurso iglesia fútbol psoe Angueira Concello BNG Maneiro sar la voz de galicia lamprea curso

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños