José Andrés, o home que creou unha canteira de futbolistas en Valga.

Publicado por Redacción en

O que fora fundador do Cordeiro CF no ano 1969 faleceu este xoves

O29 de febreiro é ese día raro que só aparece cada catro anos. O deste 2024 quedará marcado a lume na memoria da familia do fútbol de Valga: foi a xornada na que faleceu José Andrés Castro, o que durante 42 anos foi o presidente do Cordeiro C.F. A súa xente —a súa muller, os seus catro fillos, os seus cinco netos, a súa bisneta— chorouno no tanatorio da súa vila natal, arroupada por tantas e tantas persoas que acudiron a se despedir dun home para o que «o fútbol era a súa paixón»; «que se formaran nenos era o que máis ilusión lle facía, e que os chamaran de equipos grandes era o máximo», segundo recorda a súa filla. José Andrés foi un dos fundadores do Cordeiro CF. Foi no ano 1969 cando o club comezou a funcionar e el ocupou, xa no ano seguinte, a presidencia. Ía permanecer á fronte do barco ata o ano 2012, cando se retirou. Era un deses presidentes que estaban para todo, disposto a facer medrar o club e as súas instalacións a base de traballo e máis traballo.

Polo demais, a súa vida profesional tamén estivo moi centrada na xente: rexentaba, canda o seu irmán, a ferretería Hermanos Castro Figueira, en Pontecesures.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.